Santiago, 13 de novembro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avogou hoxe porque na Comisión parlamentaria de estudo sobre a política forestal e os incendios forestais, “que mañá proporemos na Xunta de Portavoces, sexamos capaces de facer un plan a longo prazo, asumido por todas as forzas políticas e coa implicación de todas as administracións”.
O Parlamento insta á Xunta a regular os convenios e protocolos de colaboración intermunicipais en materia de policía local e do servizo de protección civil
Santiago, 10 de novembro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a instancias do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta de Galicia a establecer un marco que regule os convenios e protocolos de colaboración intermunicipais de axuda mutua en materia de policía local, así como favorecer as posibles asociacións de concellos para o desempeño mancomunado do servizo de protección civil.
O Parlamento demanda que os GDR fomenten a diversificación da economía cara actividades agrarias e non agrarias sostibles no medio rural
Santiago, 10 de novembro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou esta mañá a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta de Galicia a utilizar os Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) para fomentar a diversificación da economía cara actividades agrarias e non agrarias sostibles no medio rural.
O Parlamento aproba instar á Xunta para que inicie a elaboración dos plans de ordenación dos distritos forestais
Santiago, 10 de novembro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a instancias do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a que inicie o proceso de elaboración dos Plans de Ordenación dos Recursos Forestais (PORF) cun ámbito territorial de distritos, unha vez se remate o proceso de revisión do plan forestal.