Santiago, 25 de abril de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta ao Goberno galego a darlle un pulo definitivo ao Plan Estratéxico da Conserva Horizonte 2020. Tal e como salientou a deputada do Grupo Popular, Teresa Egerique, trátase dunha iniciativa que “fala de futuro, de garantía e solvencia dun dos sectores estratéxicos de Galicia”.
O PPdeG asegura que a Xunta «cumpriu escrupulosamente» o acordo aprobado por unanimidade do Parlamento respecto das demandas do persoal de Xustiza
Santiago, 25 de abril de 2018.- O deputado do Grupo Popular, Jacobo Moreira, subliñou hoxe no Parlamento que a Xunta “cumpriu escrupulosamente” o acordo aprobado por unanimidade no Parlamento respecto das demandas formuladas polo Comité de Folga dos funcionarios da Xustiza. Así mesmo, demandou aos representantes sindicais que “validen o preacordo acadado entre a Xunta e a maioría dos sindicatos integrantes da mesa de negociación e o sometan a consulta do persoal funcionario”.
O Parlamento galego demanda ao Goberno central a inmediata posta en marcha da Tarxeta Social Universal
Santiago, 25 de abril de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno de España a inmediata posta en marcha da Tarxeta Social Universal, en coordinación coas comunidades autónomas e os concellos, a fin de que os cidadáns poidan beneficiarse á maior brevidade das vantaxes inherentes á mesma.
O PPdeG apoia no Parlamento que o Goberno central inclúa cláusulas de non discriminación por razóns de maternidade
Santiago, 25 de abril de 2018.- O Grupo Popular apoiou hoxe a aprobación polo Pleno do Parlamento dunha proposición non de lei a través da que se demanda ao Goberno central que modifique as bases das convocatorias dos organismos autónomos adscritos ao Sistema Nacional de Saúde para garantir que se inclúan cláusulas de non discriminación polo exercicio dos dereitos laborais recoñecidos legalmente por razón de maternidade.
O voceiro de Educación destaca as actuacións para a Igualdade impulsadas polo Goberno galego nos centros educativos
Santiago, 25 de abril de 2018.- O portavoz de Educación, César Fernández Gil, destacou esta mañá no Pleno do Parlamento as medidas que o Goberno galego está desenvolvendo para a igualdade nos centros educativos. Neste senso, referiuse a que, hai dous anos, puxo en marcha o I Plan de actuacións para a igualdade nos centros educativos de Galicia 2016-2020, “unha iniciativa que busca acadar unha sociedade máis xusta e igualitaria, a través da formación e a educación de toda a comunidade educativa”.
O GPP demanda á oposición que apoie os orzamentos do estado e deixe de presentar «iniciativas virtuais e brindes ao sol» sobre as pensións
Santiago, 25 de abril de 2018.- “Se están tan preocupados polas pensións, apoien os Orzamentos do Estado para subirlle así a 40.000 galegos as pensións non contributivas”, instou a viceportavoz do Grupo Popular, Marta Rodríguez Arias, aos grupos da oposición, aos que criticou por presentar iniciativas que son “virtuais e un brinde ao sol”.
Alberto Pazos indica que a necesidade de realizar obras de mantemento na AP-9 «non significa que non haxa que tomar medidas para minimizar os seus efectos»
Santiago, 25 de abril de 2018.- O deputado do Grupo Popular, Alberto Pazos, afirmou hoxe no Parlamento que no PPdeG “seguiremos sendo esixentes en relación coa AP-9 tanto co Ministerio de Fomento como coa empresa concesionaria, porque entendemos que a necesidade de realizar obras de mantemento non significa que non exista a obriga de tomar medidas para minimizar os seus efectos”. Neste sentido, lamentou que En Marea rexeitara a aprobación, ao negarse á súa votación individualizada, dunha emenda para abrir un expediente informativo á concesionaria da autoestrada polas retencións na AP-9.
O portavoz de Infraestruturas demanda a implicación de deputacións e concellos para estender a gratuidade do transporte público urbano e interurbano a menores de 19 anos
Santiago, 25 de abril de 2018.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, defendeu hoxe no Pleno do Parlamento aproveitar o desenvolvemento da 2ª fase do Plan de Transporte Público de Galicia que está a levar a cabo a Xunta para estudar a viabilidade de estender a gratuidade do transporte público interurbano para os menores de 19 anos, contando para iso coa colaboración e implicación técnica e económica das deputacións provinciais.
O GPP demanda que a Xunta dote ás urxencias dos hospitais do Sergas dos medios materiais e humanos para a correcta atención dos usuarios
Santiago, 24 de abril de 2018.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, demandou hoxe no Parlamento que a Xunta dote ás urxencias dos centros hospitalarios do SERGAS dos medios materiais e humanos necesarios para a correcta atención das persoas usuarias, así como dos reforzos precisos de persoal en circunstancias de incremento da demanda, de acordo cos respectivos plans de continxencia.