O Parlamento galego demanda ao Goberno central un incremento das posibilidades de pesca do bonito

Santiago, 22 de novembro de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno central que, tendo presente os datos nos que aprecia que o bonito se atopa en boa situación biolóxica, reivindique un incremento das posibilidades de pesca para esta especie e estude unha mellor xestión e reparto de cota que permita alongar a campaña de bonito, canto menos, ata o mes de setembro.

Seguir leyendo

Tellado tacha de «clamorosos» os silencios de Sánchez e Caballero ante os casos de corrupción do PSOE

22, novembro, 2019. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, tacha de «clamorosos» os silencios de Sánchez e Caballero ante os casos de corrupción do PSOE. Así se expresaba referíndose á sentencia dos ERE coñecida esta semana, que fala dun modelo de corrupción sistémica, orquestrada desde un Goberno autonómico que serviu para desfalcar 680 millóns de euros de todos os cidadáns.

Seguir leyendo

O Grupo Popular solicita a Fomento que adopte medidas definitivas que garantan a seguridade na N-120 entre Monforte e Ourense

Santiago, 22 de novembro de 2019.- A deputada do Grupo Popular Julia Rodríguez vén de rexistrar unha proposición non de lei no Parlamento galego a través da que se demanda ao Ministerio de Fomento que adopte as medidas definitivas que permitan garantir a seguridade viaria na estrada       N-120 no tramo entre Ourense e Monforte, como a dotación de carrís adicionais que eliminen os riscos existentes na actualidade e a consolidación definitiva dos noiros das marxes desta estrada.

Seguir leyendo

O Grupo Popular demanda coherencia ao BNG para que non critique agora o que propuxo para a Illa de San Simón cando gobernaba na Xunta

Santiago, 21 de novembro de 2019.- O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos criticou hoxe que o BNG “pretende facer unha emenda á totalidade á súa propia biografía política variando totalmente o que propuxo para a Illa de San Simón cando gobernaba na Xunta”, polo que demandoulles “coherencia, porque o actual Goberno galego está a cumprir as concesións de uso desta illa, que determinan os usos culturais e docentes, e fundamentados sobre os principios de gratuidade e acceso público”.

Seguir leyendo