Santiago, 4 de novembro de 2020.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o BNG, a proposición non de lei a través da que demanda ao Goberno central a creación dun novo xulgado en Viveiro cando, a criterio da Comisión Mixta entre o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) e a Xunta de Galicia, existan as condicións obxectivas de necesidade para a dita creación.
O Parlamento demanda ao Goberno central a mellora do marco normativo que regula a okupación de inmobles
Santiago, 4 de novembro de 2020.- O Parlamento de Galicia amosou hoxe, a través dunha proposición non de lei que só contou co voto favorable do Grupo Popular, o seu firme compromiso co Estado de Dereito e coa defensa da propiedade privada como dereito fundamental recollido no artigo 33 da Constitución.
O Parlamento galego demanda ao Ministerio do Interior cubrir as vacantes da Policía Autonómica
Santiago, 4 de novembro de 2020.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Ministerio do Interior que articule un concurso de méritos na Policía Nacional que permita cubrir vacantes na Unidade de Policía Adscrita para incrementar a 500 os seus efectivos, de xeito que esta Unidade poida cumprir coas funcións que actualmente está prestando.
Tellado: “Galicia marca unha distancia no desemprego de máis de 10 puntos con España e comeza a recuperar os postos de traballo destruídos pola pandemia”
Destaca a activación da Axenda de Emprego da Xunta, unha planificación adaptada ao novo contexto socioeconómico para apoiar ás familias