O Parlamento galego oponse ao decreto do Ministerio de Educación que permite pasar de curso con independencia do número de suspensos

Santiago, 11 de novembro de 2020.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, co voto en contra de socialistas e BNG, a través da que se opón ao Real Decreto-Lei do Ministerio de Educación que rebaixa o nivel e os requisitos para que un alumno aprobe, promocione ou titule no curso 2020-21 con independencia do número de materias suspensas.

Seguir leyendo

O PPdeG demanda un reparto dos fondos europeos “serio e obxectivo, que respecte ás comunidades e evite a discrecionalidade”

Santiago, 11 de novembro de 2020.- O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, demandou hoxe no Pleno do Parlamento que o reparto dos fondos europeos “serio e obxectivo, que respecte ás comunidades autónomas, que son as que mellor coñecen as súas necesidades; que sexa xusto e evite a discrecionalidade á que nos ten habituados Pedro Sánchez; e que axude a paliar as desigualdades estruturais, que afondan os danos sociais e económicos desta pandemia”.

Seguir leyendo

O Grupo Popular apoia demandar ao Estado un fondo extraordinario para que os concellos fagan fronte ás necesidades derivadas da Covid-19

Santiago, 10 de novembro de 2020.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Pleno do Parlamento a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se reclama ao Goberno central que habilite de maneira inmediata un fondo extraordinario para as entidades locais que garanta facer fronte ás necesidades derivadas da crise da Covid-19, ao tempo que flexibilice a disposición da totalidade dos remanentes de tesourería das entidades locais, de maneira que se poidan destinar a gastos non financeiros e a calquera investimento que redunde en beneficio da veciñanza.

Seguir leyendo