Santiago, 3 de xuño de 2021.- A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, salientou hoxe no Parlamento galego que a cobertura de transporte sanitario urxente dos municipios da comarca do Deza inclúe dous helicópteros e seis ambulancias, tanto medicalizadas como de soporte vital básico.
Pepa Pardo: “Temos que actualizar o partido todos os días e adecualo ao que a xente espera de nós”
Di que o PPdeG buscar sempre mellorar e que o 17º Congreso ten a vista posta nas propostas que a formación porá a disposición da Comunidade
O Parlamento galego demanda ao Goberno de España que habilite a elección presencial das prazas MIR
Santiago, 3 de xuño de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta ao Goberno de España a habilitar a elección presencial das prazas de formación sanitaria especializada da convocatoria 2020-21, facilitando e levando á práctica cantas medidas sexan pertinentes para garantir a transparencia, a igualdade de condicións e a seguridade fronte á Covid-19. Así mesmo, no caso de que se manteña a elección telemática, pídese ao Goberno central un coñecemento das prazas dispoñibles en cada momento, asegurando así que Galicia non quede con prazas vacantes de sanitarios residentes por mor do sistema de elección.
O PPdeG asegura que a Casa da Quintán en Pontecaldelas ten todo listo para a súa licitación como un centro de menores pioneiro en España
Santiago, 3 de xuño de 2021.- O portavoz de Asuntos Sociais do Grupo Popular, Alberto Pazos, asegurou hoxe no Parlamento galego que a Casa da Quintán en Pontecaldelas “xa ten todo listo para que se licite a súa posta en marcha como centro de menores, que será pioneiro en España polo seu carácter especializado”.
O Grupo Popular traslada o pésame á familia de Isaura Abelairas e a todos os compañeiros do PSdeG
Santiago, 3 de xuño de 2021.- O Grupo Parlamentario Popular expresa o seu máis sentido pésame polo pasamento esta noite da deputada Isaura Abelairas á familia e a todos os compañeiros do Partido Socialista de Galicia.
O PPdeG critica que BNG e PSdeG pidan que a Xunta asuma actuacións no IES de Chapela competencia do Concello, o Goberno central ou Audasa
Santiago, 2 de xuño de 2021.- A deputada do Grupo Popular Felisa Rodríguez criticou hoxe no Parlamento galego que “BNE e PSdeG pretendan que a Xunta de Galicia se faga cargo de actuacións que son competencia do Goberno central, o Concello de Redondela ou Audasa para a mellora do IES de Chapela”.