Santiago, 3 de xuño de 2021.- O Grupo Popular apoiou hoxe a aprobación no Parlamento galego dunha proposición non de lei a través da que se solicita ao Goberno de España que modifique a normativa existente para garantir unha atención adecuada aos fillos que padecen enfermidades graves independentemente da súa idade, ao tempo que dita atención sexa compatible co desenvolvemento dunha actividade laboral.
Tellado di que Pedro Sánchez ten un Goberno en crise que traslada os seus problemas á sociedade galega
Indica que as novas restricións sanitarias do Executivo central son un insulto ás Comunidades, que levan meses xestionando con acerto a pandemia
O Parlamento galego demanda ao Goberno central a reposición de todos os servizos ferroviarios suprimidos durante a pandemia
Santiago, 3 de xuño de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través se solicita ao Goberno central que restableza todos os servizos de tren que foron suprimidos amparándose na pandemia provocada pola COVID-19, tanto no que ten que ver nas conexións interiores na Comunidade galega como coas conexións de Galicia con outras comunidades autónomas.
O PPdeG destaca o “inminente” concurso de adxudicación do solo industrial en Taboada
Santiago, 3 de xuño de 2021.- O deputado do Grupo Popular José Manuel Balseiro afirmou hoxe no Parlamento de Galicia que o concurso de adxudicación do solo industrial no concello de Taboada farase público de xeito inminente neste mes de xuño.
O Grupo Popular salienta que o Concello de Punxín incrementou en 1.632 horas o servizo de axuda no fogar para atender a 4 novos usuarios
Santiago, 3 de xuño de 2021.- A deputada do Grupo Popular Noelia Pérez salientou hoxe no Parlamento galego que o Concello de Punxín dispón, desde o pasado 27 de maio, de 1.632 horas novas para a atención das catro persoas incluídas no programa de axuda no fogar e que carecían deste servizo.