Santiago, 23 de decembro de 2021.- A Comisión non permanente especial de estudo para abordar a proposta de Galicia diante da reforma do sistema de financiamento aprobou esta mañá por unanimidade o Plan de Traballo, que inclúe a solicitude de 21 documentos e informes a distintas administracións e entidades públicas e privadas, así como a comparecencia de 11 persoas, entre as que se atopa o conselleiro de Facenda e Administracións Públicas, Miguel Corgos.
O Parlamento demanda a reposición inmediata das liñas de ferrocarril suprimidas por mor da Covid-19
Santiago, 22 de decembro de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei, consensuada entre os tres grupos parlamentarios, a través da que se demanda ao Goberno central a reposición inmediata das liñas de ferrocarril suprimidas coa desculpa da Covid-19, así como o mantemento da liña Avant Coruña-Ourense con saída ás 6:30 da mañá e chegada ás 7:38 e a revisión dos horarios de cara a favorecer a mobilidade entre Coruña, Santiago, Ourense. Así mesmo, reitérase a solicitude para que se mellore o transporte ferroviario entre Ourense, Santiago e A Coruña, esixindo que no prazo de dous meses se negocie un calendario de cumprimento.