Santiago, 23 de decembro de 2021.- A Comisión non permanente especial de estudo para abordar a proposta de Galicia diante da reforma do sistema de financiamento aprobou esta mañá por unanimidade o Plan de Traballo, que inclúe a solicitude de 21 documentos e informes a distintas administracións e entidades públicas e privadas, así como a comparecencia de 11 persoas, entre as que se atopa o conselleiro de Facenda e Administracións Públicas, Miguel Corgos.
Deste xeito, o Plan de Traballo desenvolverase ao longo de tres fases e do seguinte xeito:
PRIMEIRA FASE: DOCUMENTACIÓN E COMPARECENCIAS
1º- SOLICITUDE E ACHEGA DE DOCUMENTACIÓN
A Comisión solicitará a seguinte documentación, co rogo de que sexa incorporada á mesma en canto sexa posible
1. Desafíos Pendientes de la Descentralización en España: suficiencia y autonomía tributaria Jorge Martinez-Vázquez e Santiago Lago Peñas
2. Reforma de la Financiación Territorial: Informes de las Comisiones de Expertos de 2017- Secretaria de Estado de Hacienda- Ministerio de Hacienda- Madrid 2018
3. Galicia diante da Reforma do Sistema de Financiamento Autonómico – Santiago Lago Peñas – Foro Económico de Galicia 2017
4. O Impacto Fiscal en Galicia dos cambios no Modelo Territorial- Joaquín Fernandez Leiceaga e Santiago Lago Peñas – Foro Económico de Galicia 2015
5. Declaración Institucional Foro Santiago, Camino de Consenso
6. La liquidación de 2019 del sistema de financiación de las comunidades autónomas de régimen común (FEDEA e Instituto de Análisis Económico (CSIC))
7. Informe del sistema de cuentas públicas territorializadas 2014 – Ministerio de Hacienda y Función Pública
8. Informe Global sobre los estudios presentados por las Comunidades Autónomas de Régimen Común y Ciudades con Estatuto de Autonomía sobre el análisis del efecto de la aplicación del sistema de financiación previsto en la ley 22/2009, de 18 de diciembre- Abril 2016
9. Valoración de la Comunidad Autónoma de Galicia sobre el informe de la Comisión de Expertos para la Revisión del Modelo de Financiación Autonómica- Noviembre 2017
10. “Informe del Grupo de Trabajo sobre el Cálculo de la Población Ajustada”.(Miniserio de Hacienda y Función Pública)
11. Sobre las propuestas del Gobierno para modificar el cálculo de la pobloación ajustada. (Ángel de la Fuente – Fedea e IAE-CSIC. Decembro 2021).
12. Informe da Xunta de Galicia sobre os ingresos do actual sistema de financiamento desde 2008. Recollendo polo miudo:
⦁ Dereitos recoñecidos e liquidados dos impostos cedidos cuxa recadación efectiva corresponde á Comunidade Autónoma na totalidade: Imposto sobre o patrimonio, Imposto sobre sucesións e doazóns, imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentadas, taxa sobre o xogo, imposto especial sobre determinados medios de transporte, imposto sobre a electricidade e imposto especial sobre vendas minoristas de hidrocarburos.
-Ingresos efectivos (dereitos recoñecidos e liquidados dos impostos cedidos á Comunidade Autónoma de forma parcial: imposto sobre a renda das persoas físicas, imposto sobre o valor engadido, impostos especial sobre determinados consumos (tabaco, alcohol e hidrocarburos). Indicando as contías ingresadas efectivamente nos orzamentos de ingresos da Comunidade Autónoma e tamén as contías globais recadadas en Galicia pola AEAT, comunicadas á Consellería de Facenda para efectuar os cálculos.
⦁ Resultado global dos ingresos no sistema de financiamento da Comunidade Autónoma (indicando os consignados no orzamento de cada ano, e a liquidación posterior).
⦁ Evolución anual dos axustes practicados nos ingresos no sistema de financiamento da Comunidade Autónoma (diferenzas entre anticipos a conta e liquidación).
⦁ Evolución anual de ingresos (en cifras totais, tanto de dereitos recoñecidos como liquidados) dos impostos indirectos propios (creados pola CA) do Capítulo II de ingresos do orzamento da CA agrupados do seguinte xeito: imposto sobre o bingo, imposto sobre a contaminación atmosférica, imposto sobre o dano ambiental da auga encorada, canon eólico.
⦁ Evolución anual de ingresos (en cifras totais, tanto de dereitos recoñecidos como liquidados) das taxas do Capítulo III de ingresos do orzamento da CA agrupadas do seguinte xeito: taxas por servizos administrativos; por servizos profesionais; pola venda de bens; por utilización privativa, ocupación ou aproveitamento especial do dominio público; taxas sobre o xogo; prezos públicos; sancións, recargas e multas.
13. Informe da Xunta de Galicia sobre os ingresos correntes e de capital (capítulos IV e VII) correspondentes a transferencias finalistas da Administración Xeral do Estado. (En especial recollendo os fondos de vivenda, igualdade e loita contra a violencia machista ou emprego)
14. Informe de ingresos do fondo de Compensación interterritorial.
15. Informe da Xunta de Galicia coa evolución comparada do gasto de persoal e os ingresos da comunidade autónoma, durante o vixente SFA.
16. Informe da Consellaría de Sanidade sobre o custo efectivo da prestación de servizos sanitarios desagregando atención primaria e hospitalaria.
17. Informe da Consellaría de Política Social sobre o custo efectivo da prestación do servizos de maiores e Dependencia.
18. Informe da Consellaría de Cultura, Educación e Universidade sobre o custe efectivo da prestación de servizos segundo etapas educativas.
19. Documentación remitida pola Xunta de Galicia ao Consello de Política Fiscal e Financeira en relación co proceso de revisión do actual SFA; incluída a valoración do Goberno galego da proposta de revisión da poboación axustada elaborada polo grupo de traballo estatal.
20. Informe de impactos e beneficios fiscais vixentes no ámbito galego dende o ano 2009. ATRIGA. Consellería de Facenda.
21. Informe sobre o sistema de financiamento autonómico e as necesidades de financiamento de Galicia. Foro Económico de Galicia.
2º- COMPARECENCIAS
Solicítanse as comparecencias das seguintes persoas ou representacións:
⦁ Miguel Corgos López-Prado
Conselleiro de Facenda e Administracións Públicas.
⦁ Santiago Lago Peñas
Representante da Comunidade Autónoma no Comité de Expertos do CPFC para a reforma do sistema de financiamento autonómico. Catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Vigo.
⦁ Ángel de la Fuente Moreno
Profesor de Economía Pública da Universidade Autónoma de Barcelona. Fundación de Estudios de Economía Aplicada (FEDEA)
⦁ Roberto Fernández-Llera
Profesor titular de Facenda Pública da Universidade de Oviedo. Sindico Mayor Sindicatura de Cuentas de Asturias
⦁ Diego Martinez López
Departamento de Economía, Métodos Cuantitativos e Historia Económica da Universidad Pablo de Olavide
⦁ Elena Muñoz Fonteriz
Senadora. Ex interventora xeneral da Comunidade Autónoma de Galicia
Ex conselleira de Facenda
⦁ Xosé Díaz Díaz
Economista.
⦁ Alberto Turnes Abelenda
Profesor de Economía na USC.
⦁ Francisco J. Constenla Acasuso
Profesor titular de Economía Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela.
⦁ Xaquín Fernández Leiceaga
Profesor de Economía aplicada na Universidade de Santiago de Compostela. Senador.
⦁ María Cadaval Sampedro
Profesora de Economía Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela.
De existir algún condicionante que impida a comparecencia, facer factible a remisión de informes ou da documentación que corresponda
SEGUNDA FASE. TRABALLO EN PONENCIA.
Tendo en conta a documentación, informes e comparecencias antes relacionadas, e unha vez constituída, iniciaranse os traballos de elaboración da proxecto de ditame en ponencia, que culminará coa redacción do borrador de documento de conclusións xerais.
No transcurso dos traballos da ponencia, se fose necesario para elaborar o proxecto de ditame, a iniciativa dun Grupo Parlamentario, a Comisión decidirá se solicita novos informes, documentos ou aclaracións referidos ao obxecto da comisión.
TERCEIRA FASE. DEBATE DE CONCLUSIÓNS EN PLENO
Debate e aprobación da proxecto de ditame pola Comisión para a súa elevación ao Pleno.