Santiago, 10 de outubro de 2022.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, insistiu hoxe no Parlamento galego que é “urxente aportar á flota pesqueira que utiliza artes de fondo seguridade xurídica e garantías en relación ás zonas nas que pode realizar a súa actividade e de que xeito”, polo que considerou “imprescindible que desde o Goberno de Pedro Sánchez se axilice a elaboración e presentación do recurso para frear este veto, solicitando a súa suspensión temporal e avanzar na vía da moratoria”.
Endurecer as penas no caso de ocupación da vivenda, especialmente no caso de mafias
Iniciativa sobre a modificación dos artigos 245 e 269 da Lei Orgánica 10/1995, do 23 de novembro do Código Penal para endurecer as penas no caso de ocupación da vivenda ou inmoble, especialmenteo no caso de mafias