15 de novembro de 2022. Os orzamentos da Xunta de Galicia para 2023 darán a vindeira semana un novo paso na súa tramitación parlamentaria co debate das emendas á totalidade nun Pleno específico que se celebrará o luns. Posteriormente, o Grupo Popular defenderá no Pleno ordinario, con motivo da celebración do Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller o 25 de novembro, unha proposición non de lei na que insta a todas as administracións a colaborar na prevención, atención ás vítimas e erradicación total da violencia de xénero. Así mesmo, pedirá ao Goberno central a realización de accións para manter viva a memoria das vítimas do terrorismo de ETA, en especial entre a mocidade.
Rueda: “O Goberno galego está aliado con esa maioría que quere estabilidade, xestión e unidade para sacar adiante o seu fogar e a súa empresa”
O presidente do PPdeG asegurou onte na Xunta Directiva Provincial de Pontevedra que “o Goberno galego está aliado con esa maioría que quere estabilidade, xestión e unidade para sacar adiante o seu fogar e a súa empresa” e que por iso os Orzamentos da Xunta para 2023 son “unhas contas realistas e deseñadas para paliar a incerteza”
Realizar as accións oportunas para manter viva a memoria das vítimas do terrorismo de ETA
Iniciativa sobre a demanda ante o Goberno de España para manter viva a memoria das vítimas do terrorismo de ETA
Retirada da iniciativa parlamentaria e non levar a cabo ningunha modificación que supoña derrogar o delito de sedición
Solicitude de retirada da iniciativa parlamentaria presentada nas Cortes Xerais e non levar a cabo ningunha modificación do Código Penal que supoña derrogar o delito de sedición.
Programación para o 45 aniversario da Constitución Española
Elaboración dunha programación que celebre o 45 aniversario da aprobación da Constitución Española.
Modernización dos treitos ferroviarios Vigo-O Porriño e O Porriño-fronteira portuguesa
Demanda da Xunta de Galicia ao Goberno de España respecto da modernización dos treitos ferroviarios Vigo-O Porriño e O Porriño-fronteira portuguesa.
Ampliación dos prazos para facilitar o desenvolvemento de proxectos eólicos viables
Demanda ao Goberno de España dunha ampliación dos prazos sinalados no Real decreto lei 23/2020 para facilitar o desenvolvemento dos proxectos eólicos viables.
Solicitude ao Goberno do Estado do cumprimento do cofinanciamento do 50% da Lei de Dependencia
Solicitude ao Goberno do Estado do cumprimento do cofinanciamento do 50% da Lei de Dependencia.