Skip to content

Rueda: “O Goberno galego está aliado con esa maioría que quere estabilidade, xestión e unidade para sacar adiante o seu fogar e a súa empresa”

O presidente do PPdeG asegurou onte na Xunta Directiva Provincial de Pontevedra que “o Goberno galego está aliado con esa maioría que quere estabilidade, xestión e unidade para sacar adiante o seu fogar e a súa empresa” e que por iso os Orzamentos da Xunta para 2023 son “unhas contas realistas e deseñadas para paliar a incerteza”

Ao tempo que reivindicou a capacidade dun “goberno estable” para “ofrecer garantías nun momento de extrema incerteza económica”, Rueda puxo en valor que nas vindeiras contas autonómicas se garantirá “máis gasto social, máis investimento, menos débeda e menos cargas”

Nesta liña afondou en que “se investirán ata 3 de cada 4 euros para sanidade educación, prestacións sociais e emprego” e que continuarán as rebaixas fiscais: “Este ano os galegos van aforrar 128 M€ en impostos”. Ao que engadiu: “A garantía de menos débeda é unha marca de estilo na xestión económica da Xunta dos últimos anos e agora permitiranos axudar a quen máis o precisa”.

Alfonso Rueda asegurou que os Orzamentos de 2023 servirán “para renovar a aposta por todas as zonas da provincia de Pontevedra” e cifrou en 3.700 M€ o gasto total en proxectos como o centro integral de saúde Olimpia Valencia ou o barrio de Navia en Vigo, o Gran Montecelo ou a residencia de Campolongo en Pontevedra, o Centro Integral de Saúde en Lalín, a continuación da AG-59 na Estrada, o novo centro de saúde de Vilagarcía, a nova EDAR de Cambados e a mellora dos centros de saúde en Salvaterra e Crecente

“A seriedade e a solvencia son o mellor servizo que lle podemos ofrecer aos galegos, en todas as Administracións. Agardamos que o Goberno tamén achegue garantías de apoio para proxectos industriais clave”, salientou o presidente

 

“MOITOS CONCELLOS PRECISAN A POLÍTICA ÚTIL DO PPdeG”

Xa en clave electoral, o líder dos populares galegos asegurou que a formación traballa “para levar o modelo do sentidiño e da estabilidade aos gobernos municipais” e neste sentido mostrouse “seguro” de logralo “con Marta en Vigo e con Rafa en Pontevedra”, así como en Mos, en Lalín, en Cerdedo-Cotobade ou en Crecente “revalidando gobernos”. 

“Son moitos os concellos que precisan da política útil que abandeira o PPdeG”, concluíu Alfonso Rueda

Na mesma liña, o presidente provincial do PP de Pontevedra asegurou que aspiran “a gañar e tinguir de azul a provincia”, a manter os Gobernos que xa teñen e a “converter en alcaldes aos que hoxe están na oposición”. Afirmando neste sentido: “Gañando nos concellos, conseguiremos recuperar a Deputación de Pontevedra e convertela nunha institución útil para os concellos e para os veciños da provincia”.

 

LÓPEZ: “ESTES ORZAMENTOS CUMPREN COS PONTEVEDRESES”

O líder dos populares de Pontevedra asegurou que “os Orzamentos da Xunta para 2023 cumpren cos pontevedreses” e que van ser “un apoio fundamental para os veciños da provincia”. Por iso reivindicou “o compromiso real e permanente da Xunta con Pontevedra” fronte a un Goberno central que “volve dar as costas a Galicia e á provincia”

“Fronte aos 3.913 euros que, como mínimo, gastará o Goberno galego por cada cidadán da nosa provincia en 2023, o Goberno central destinará só 305 euros. A Xunta inviste 13 veces máis. Por iso desde o PP presentamos máis dun cento de emendas aos PGE que superan os 300 M€”, concluíu.

 

Noticias recomendadas

O PPdeG pon de exemplo a Lalín de como queren que sexan os concellos que gobernan: “Estables, ben xestionados e cada vez con mellores servizos”
O Partido Popular puxo hoxe de exemplo a Lalín de como queren que sexan os concellos que gobernan, neste momento xa 154 en toda Galicia e 27 na provincia de
O PPdeG interésase no Congreso polas actuacións sen executar nos Camiños de Santiago que comprometeu o Goberno central en 2019
Os deputados do Partido Popular de Galicia no Congreso mostraron o seu interese, a través dunha serie de preguntas escritas que veñen de rexistrar, en coñecer o estado no que
O PPdeG reclama a Sánchez que rebaixe a protección do lobo e deixe de dar as costas a Europa e aos gandeiros galegos
O Partido Popular de Galicia reclama a Pedro Sánchez que deixe de dar as costas a Europa e aos gandeiros galegos rectificando a súa postura sobre a protección do lobo
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver más
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Guardar ajustes
Configuración de cookies