O Grupo Popular apoia que a Xunta abra un proceso de diálogo co ocio nocturno para impulsar un protocolo de prevención e intervención fronte ás agresións sexuais

22 de febreiro de 2023. O Grupo Popular apoiou hoxe a aprobación polo Pleno do Parlamento galego dunha proposición non de lei a través da que se pide á Xunta que abra un proceso de diálogo con representantes do ocio nocturno, no marco do Observatorio galego da violencia de xénero, para impulsar a elaboración, aprobación e aplicación dun protocolo de prevención e intervencións fronte ás agresións sexuais. Este protocolo deberá incluír, entre outras, actuacións en todos os ámbitos, incluídos o sanitario e o policial, así como formación e información específica dirixida ao persoal dos establecementos.

Seguir leyendo

O Parlamento galego pide que a Xunta continúe aplicando medidas para a recolección, produción e xestión da mexilla en coordinación con bateeiros e percebeiros

22 de febreiro de 2023. O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe, cos votos en contra de BNG e PSdeG, a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se pide que a Xunta dea continuidade á aplicación das medidas propostas, para a recolección, produción e xestión da mexilla, especialmente daquelas dirixidas á disposición de áreas con presenza deste produto e da análise das causas que poden afectar á súa fixación e existencias.

Seguir leyendo