5 de abril de 2023. O Parlamento galego aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno de España a creación dunha unidade de estranxeiría no concello de Noia, que facilite os procedementos para a obtención de documentación persoal, tanto dos cidadáns españois coma dos estranxeiros.
O Parlamento galego solicita o impulso das permutas de especial interese agrario
5 de abril de 2023. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se pide que a Xunta impulse e promova as permutas de especial interese agrario e que dende a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural se habiliten axudas destinadas a financiar os gastos de xestión, tanto notariais como de rexistro da propiedade, en beneficio dos propietarios implicados.
Rueda destaca a porcentaxe do 37% de renovación das candidaturas do PPdeG ás eleccións municipais
4 de abril de 2023. O presidente do PPdeG reivindicou que, no día no que se convocaron oficialmente as eleccións municipais do 28 de maio, a formación traballou “con tempo e con planificación” para que fosen xa coñecidos os seus 313 candidatos: “Agora o que toca é rematar o traballo que os nosos cabeza de lista levan facendo desde que foron designados”.
O Parlamento galego traslada ás forzas galegas presentes no Parlamento Europeo o desacordo co veto á pesca de arrastre
4 de abril de 2023. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se acorda trasladar a todas as forzas políticas galegas con representación no Parlamento Europeo o desacordo ante a oficialización de Bruxelas de vetar a pesca de arrastre nun terzo das augas dos Estados membros no 2024 e en todas as áreas mariñas protexidas da Unión Europea en 2030, por actuar sistematicamente en contra dos intereses do sector pesqueiro.
O PPdeG destaca que os datos oficiais volven colocar a Galicia como terceira comunidade con menores listas de espera de España
4 de abril de 2023. O viceportavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, destacou que os datos oficiais do sistema de información sobre listas de espera do Sistema Nacional de Saúde que vén de publicar hoxe na súa web o Ministerio de Sanidade, cos datos a peche do ano 2022, acreditan que Galicia se mantén como unha das comunidades con menor lista de espera, concretamente a terceira no caso de intervencións cirúrxicas tras Madrid e Euskadi e a terceira tamén no caso de primeiras consultas de especialista, neste caso tras Euskadi e Baleares.
O Grupo Popular pedirá no Pleno que o Goberno central transfira fondos europeos para que Galicia os xestione de forma directa
4 de abril de 2023. O Grupo Popular pedirá no Pleno da vindeira semana que o Goberno de España transfira fondos europeos a Galicia para a súa xestión directa, co fin de garantir a viabilidade dos principais proxectos tractores galegos.
Pedro Puy propón a BNG e PSdeG reunirse para analizar a situación na que se atopa a tramitación do traspaso da AP-9 no Congreso
4 de abril de 2023. O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, propuxo hoxe a BNG e PSdeG a celebración dunha reunión conxunta na que analizar a situación na que se atopa a tramitación no Congreso da proposición de lei aprobada no Parlamento de Galicia para o traspaso da AP-9 á Comunidade galega e valorar as posibles accións que se poden emprender para axilizar esta transferencia.
Pedro Puy salienta que os informes do Banco de España e do Foro Económico de Galicia “nos fan ser optimistas” sobre o futuro da economía galega
3 de abril de 2023. O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, salientou hoxe que os recentes informes publicados polo Banco de España e o Foro Económico de Galicia “nos fan ser optimistas” sobre o futuro da economía de Galicia, xa que reflexan un descenso da débeda pública e que o PIB galego xa acadou os niveis da prepandemia.