Paula Prado lamenta os graves altercados da Coruña e urxe ao BNG que condene os actos violentos

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, condena os graves actos violentos «absolutamente inadmisibles» acaecidos onte na Coruña e urxe ao BNG que condene o acontecido tras a manifestación convocada por Galiza Nova. En declaracións aos medios de comunicación, criticou que «lonxe de ser unha manifestación», o que sucedeu foron «altercados violentos», con consecuencias de gravidade como xornalistas e policías feridos e actos vandálicos como queima de contenedores e lanzamiento de cadeiras.

«Ningunha protesta se pode avalar na violencia, queremos que todas as forzas políticas condenen estes actos como o facemos nós dende o PPdeG», insiste Prado. Neste punto, lamenta que a líder do independentismo galego, Ana Pontón, se sinta «orgullosa» dunha mocidade que «lanza adoquíns, bolardos e cadeiras».

Prado lembrou que Galicia é unha terra «tranquila, con xente de paz» e non se identifica con estas formas violentas de protesta.

Ademais, critica a actuación do delegado de Goberno, Pedro Blanco, xa que autorizou unha concentración «que xa se vía que podía acabar en altercados e faltas de orden público». Así, Prado pide responsabilidades polo ocorrido e afea que Blanco «exercese unha deixadez de funcións», xa que mentres ocorrían os altercados, «el estaba facendo campaña en Santiago de Compostela, poñendo os seus intereses partidistas por riba dos intereses dos coruñeses e coruñesas».

Por último, Prado solidarizouse coas forzas e corpos de seguridade que actuaron onte na Coruña ante os graves actos violentos.