Santiago, 5 de setembro de 2019.- O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, lamentou que o Goberno Central “se desentendese en todo momento” do conflito relativo ao peche da plante de Poligal en Narón. “O Ministerio nin está nin se lle espera e o delegado do Goberno segue vivindo nun mundo paralelo”, resumiu.
No mesmo sentido, Tellado lembrou que o executivo de Pedro Sánchez “é unha ameaza para a industria de todo o país, así como para a comarca de Ferrolterra”. Así, ilustrou o seu argumento co peche da central térmica de Meirama e a ameaza sobre a das Pontes, así como os problemas da industria electrointensiva ou do automóbil e a eliminación do Plan Ferrol. De igual modo, apuntou que, no sector naval, “segue a retrasar o proxecto das Fragatas F-110 sen ofrecer carga de traballo para os estaleiros”.
Por outra banda, sobre esta cuestión, incidiu en que a Xunta de Galicia foi a única que se mantivo nestes meses a carón dos traballadores, con dez reunións do grupo de traballo (a última hai unha semana) e apostando pola formación dos afectados polo ERE da factoría.