“O rural de Galicia non debe camiñar inevitablemente cara unha masiva e obrigada concentración parcelaria”, indicou o portavoz popular, quen explicou que “non pretendemos substituír a práctica tradicional e cultural minifundista e familiar creando grandes extensións ou parcelas dun xeito forzado ou artificial, afastado da nosa realidade social e económica, pero si poñer en marcha novos instrumentos de ordenación para fomentar a mobilización de terras, agrupamentos ou permutas para poñer a producir terra produtiva abandonada”. “Un bo exemplo pode ser a creación de polígonos agroforestais que permitan delimitar zonas de boa calidade agronómica, dedicada a cultivos de alto valor engadido e con parcelas de suficiente tamaño que garantan a rendibilidade”, dixo.