Santiago, 24 de xaneiro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avogou esta tarde no Pleno do Parlamento porque se aproveite a constitución da Comisión de Investigación sobre as caixas de aforro galegas “para incorporar no plan de traballo novos datos, documentación e valoracións, deixando fóra os infundios, as insinuacións ou as sombras de sospeita”. “Galicia merece unha explicación sobre o proceso da conversión das caixas nun banco, non unha nova controversia baseada en infundios”, indicou.
No debate dunha proposición non de lei do BNG sobre o custo real da venta de Novagalicia Banco, Puy sinalou que o procedemento para a venta foi “público, aberto e transparente” e mostra disto é que o plan de resolución pode consultarse en distintos números do Boletín Oficial do Estado. Ademais, concretou que o importe final da venta ascendeu a 9.159.202 millóns de euros, unha cifra que “é pública e pode coñecerse tanto nos informes do FROB como do Tribunal de Cuentas”.
Puy salientou a importancia para Galicia da nova entidade financeira, que emprega a máis de 5.000 persoas, concede un terzo do creto na Comunidade galega, favorece a competencia e reduce o oligopolio financeiro en Galicia e existe un compromiso de permanencia.