Santiago, 16 de marzo de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de lei, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o BNG, a través da que se insta á Xunta a deseñar e reforzar a formación específica para os gandeiros e gandeiras, así como o persoal asalariado que desexen facer a recría nas súas explotacións.
A iniciativa inclúe que esta formación se combine coa facilitación aos produtores que o soliciten do manual sobre a “Cría e recría de xovencas frisonas para a produción de leite e de xovencas de razas autóctonas”.
COLABORACIÓN PERMANENTE
O deputado do Grupo Popular Daniel Vega subliñou a importancia da formación en todos os ámbitos do manexo gandeiro, desde a xenética, ata a recría de xovencas, o benestar animal, a zootecnia, os produtos fitosanitarios, a alimentación, os cultivos ou o pastoreo.
“Neste momento, o sector non demanda a construción de centros, senón a colaboración permanente entre administración, africores, centros cárnicos e cooperativas”, manifestou Daniel Vega, quen considerou necesaria a elaboración de estudos dirixidos a compartir a crianza e recría de novillas entre gandeiros.