Skip to content

O GPP rexistra a súa proposta de plan de traballo da Comisión de investigación das caixas galegas coa solicitude de 10 novos documentos

Santiago, 17 de marzo de 2017.- O Grupo Popular rexistrou esta tarde a súa proposta de Plan de Traballo para a Comisión de investigación das antigas caixas galegas, co obxectivo de rematar os traballos realizados durante a pasada IX lexislatura. Ademais de solicitar á Administración do Parlamento galego a posta a disposición dos membros da Comisión de toda a documentación reunida e as transcricións literais das 46 comparecencias realizadas na anterior lexislatura, o  Grupo Popular solicita a incorporación de 10 documentos novos co obxectivo de proceder á elaboración da proposta de ditame da ponencia.

A proposta de plan de traballo do Grupo Popular leva como anexo un listado de 200 folios con toda a documentación existente na Comisión de Investigación da pasada lexislatura, procedente principalmente da Xunta de Galicia, e que se considera necesario poñer de novo a disposición dos membros da Comisión para a elaboración do ditame.

 

Ademais, solicítase a incorporación á Comisión de Investigación de nova información relacionada coas antigas caixas galegas e cos seus dirixentes xurdida nos últimos meses, co obxectivo de complementar os documentos xa existentes a disposición de todos os membros da Comisión de Investigación na pasada lexislatura.

 

Esta nova información demandada refírese a 10 documentos en concreto:

 

–    Copias das sentenzas 00040/2015 da Audiencia Nacional e 3975/2016 do Tribunal Supremo sobre a causa seguida contra os ex directivos de NovaCaixaGalicia polas indemnizacións recibidas.

 

–    Informe de fiscalización do proceso de reestruturación bancaria, exercicios 2009 a 2015” elaborado polo Tribunal de Cuentas.

 

–    Acordo da Comisión Rectora del Fondo de Reestructuración Ordenada Bancaria, de 30 de xullo de 2012, polo que se detallan os criterios e condicións ás que se axustará a súa actuación nos procesos de reforzamento dos recursos propios de entidades de crédito no ámbito da asistencia financeira europea para a recapitalización.

 

–    Plan de Resolución de NCG Banco, S.A., aprobado o 28 de novembro de 2012 pola Comisión Europea. (State aid n° SA.33734 (2012/N) – Spain Restructuring of NCG).

 

–    Resolución de 7 de xuño de 2013, da Comisión Rectora del Fondo de Reestructuración Ordenada Bancaria, pola que se acorda implementar accións de xestión de instrumentos híbridos de capital e débeda subordinada en execución do Plan de Resolución de NCG Banco SA, aprobado o 27 de novembro de 2012 polo FROB e o Banco de España e o 28 de novembro de 2012 pola Comisión Europea.

 

–        Modificación do Plan de Resolución (State aid n° SA. 38143 (2014/N) – Spain Restructuring of NCG through its acquisition by the Banesco Group)

 

–        Resolución de 23 de xuño de 2014, da Comisión Rectora del Fondo de Reestructuración Ordenada Bancaria, pola que se acorda a transmisión de seiscentos tres millóns seiscentas setenta e unha mil cento sesenta accións (603.671.160 millóns) de NCG Banco SA, titularidade del Fondo de Garantía de Depósitos.

 

–        Informe do FROB sobre o procedemento de venta de NCG Banco, S.A.

 

–        Solicitar á Xunta de Galicia un Informe co balance dos procedementos de arbitraxe levados a cabo polo Instituto Galego de Consumo en relación cos e coas titulares das participacións preferentes das antigas Caixas de Aforros Galegas.

 

–        Solicitar á entidade ABANCA informe sobre a situación a día de hoxe en relación cos e coas titulares das participacións preferentes das antigas Caixas de Aforros Galegas.

 

Unha vez aprobado o Plan de Traballo, o Grupo Popular propón que se inicien os traballos de elaboración da proposta de ditame en ponencia.

 

Porén, considera que, a iniciativa dun grupo parlamentario e se fose necesario para elaborar a proposta de ditame, a Comisión de Investigación decidirá se solicita novos informes, documentos ou aclaracións referidos ao obxecto desta Comisión.

Noticias recomendadas

O PPdeG pide ao Goberno central “máis transparencia, menos mentiras cos prazos e a maior axilidade” coa autovía A-54 entre Santiago e Lugo
O Partido Popular de Galicia pide ao Goberno de Pedro Sánchez “máis transparencia cos seus proxectos, menos mentiras cos prazos e a maior axilidade” en relación á autovía A-54, que
Alfonso Rueda ve ao Partido Popular preparado na provincia de Pontevedra para un 2025 aínda mellor que os anos anteriores
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, asegurou hoxe que ve ao Partido Popular preparado en Pontevedra para un 2025 aínda mellor que os anos anteriores, tanto a nivel provincial como
O Grupo Popular pecha o período de sesións no Parlamento galego “coa satisfacción do deber feito e listos para seguir levando adiante os compromisos adquiridos cos galegos”
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, asegurou hoxe que «pechamos o período de sesións no Parlamento de Galicia coa satisfacción do deber feito e listos afrontaremos o novo período
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver más
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Guardar ajustes
Configuración de cookies