Santiago, 9 de xuño de 2017.- O Grupo Popular apoiou esta mañá no Parlamento unha proposición non de lei a través da que se reclaman á Axencia Tributaria que o galego poda ser empregado en Galicia en todos os trámites que se realicen por esta entidade, corrixindo as eivas denunciadas e comprometéndose a revisar periodicamente os procedementos para garantir a súa rápida detección e solución.
A deputada popular Sandra Vázquez lembrou que a páxina web da Axencia Tributaria ten a opción de mudar o seu contido a calquera das linguas cooficiais do Estado e apuntou que “recentemente realizou cambios nos seus programas, pero a Xunta de Galicia está en contacto e traballando conxuntamente con ela para que a información estea actualizada á maior brevidade posible”.
“A Xunta está a cumprir dentro das súas competencias, e colabora con todas as administracións e entidades para que se poidan facer todas as tramitacións en galego”, apuntou a deputada popular.
O Grupo Popular apoia reclamar á Axencia Tributaria que o galego poda ser empregado en todos os seus trámites
- viernes, 9 de junio de 2017
- 8:42 am
- Duración de lectura aproximada: 1 minute
Noticias recomendadas
Paula Prado pon en valor a tradición, cultura e gastronomía da Festa do Carneiro ao Espeto de Moraña
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, asistiu hoxe á LVII Festa do Carneiro ao Espeto de Moraña, onde destacou que a combinación de tradición, cultura e gastronomía desta celebración
<span style="font-style: italic;">Galicia, o camiño do si</span>
Paula Prado del Río
No século X a reina de Asturias, Jimena Garcés, peregrinou a Santiago de Compostela. Máis tarde, no século XI, chegou á praza do Obradoiro a condesa alemá Richardis de Sponheim, primeira muller estranxeira documentada en realizar esta peregrinación. Elas, xunto con moitas outras, marcaron un fito na historia xacobea. Tiveron un papel importante nestas rutas: no inicio e na meta do Camiño

<span style="font-style: italic;">Unha catedral chamada Galicia</span>
Alberto Pazos Couñago
Durante unha visita ás obras dunha esplendorosa catedral, un filósofo achégase a tres canteiros que traballan separados por escasa distancia e formúlalles idéntica pregunta: «Que está facendo, señor?».