Santiago, 29 de xuño de 2017.- A deputada do Grupo Popular Marta Rodríguez-Vispo reiterou esta tarde no Parlamento a necesidade de que sexan “os técnicos profesionais quen decidan o sistema de cociña que se debe implantar no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense”, rexeitando a proposta de En Marea para que sexa no Parlamento onde se adopte esta decisión.
Rodríguez-Vispo explicou que na actualidade “están a analizarse diferentes alternativas para a cociña do CHUO, tendo en conta as súas características e todos os axentes implicados” e apuntou que “cando se decida o modelo será notificado e xustificado convenientemente”.
VANTAXES E INCONVENIENTES
Respecto da posibilidade de optar pola liña fría, a deputada popular indicou que “ten unha serie de vantaxes, pero tamén inconvenientes, polo que faise necesario estudar o tema en profundidade e sopesar os pros e os contras dun sistema e doutro para tomar finalmente a mellor decisión”.
Marta Rodríguez-Vispo tamén se referiu á situación laboral do persoal que presta servizos na cociña do CHUO e avanzou que “será a mesma que na actualidade”. Neste sentido, lembrou que nunha recente reunión da comisión do complexo hospitalario co novo xerente “houbo sintonía absoluta neste tema, habendo un compromiso por ambas partes de que cando se decida o tipo de cociña que se vai implantar se falará coa Xunta de Persoal con total claridade e transparencia”.
O PPdeG reitera a necesidade de que sexan os profesionais quen decidan o sistema de cociña a implantar no Hospital de Ourense
- viernes, 30 de junio de 2017
- 11:36 am
- Duración de lectura aproximada: 1 minute
Noticias recomendadas
O PPdeG aposta por acadar máis mulleres candidatas e alcaldesas de cara ás eleccións municipais do 2027
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, anuncia a aposta popular para que “sendo o partido con máis rexedoras de toda Galicia e con máis maiorías absolutas, en 2027 sería un enorme éxito
O PPdeG denuncia que se volva instrumentalizar a Fegamp ao servizo do PSOE para atacar a Lei de administración local de Galicia
Os alcaldes do PPdeG denunciaron hoxe que “unha vez máis se pretenda instrumentalizar politicamente a Fegamp, esta vez para atacar a Lei de administración local de Galicia e poñer esta
O Parlamento avanza na modificación do proxecto de Lei de saúde de Galicia, unha norma que reforza a protección do persoal sanitario fronte ás agresións
A Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego do Parlamento de Galicia aprobou hoxe o proxecto de lei de modificación da Lei de saúde de Galicia, pola que se