Santiago, 29 de xuño de 2017.- A deputada do Grupo Popular Marta Rodríguez-Vispo reiterou esta tarde no Parlamento a necesidade de que sexan “os técnicos profesionais quen decidan o sistema de cociña que se debe implantar no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense”, rexeitando a proposta de En Marea para que sexa no Parlamento onde se adopte esta decisión.
Rodríguez-Vispo explicou que na actualidade “están a analizarse diferentes alternativas para a cociña do CHUO, tendo en conta as súas características e todos os axentes implicados” e apuntou que “cando se decida o modelo será notificado e xustificado convenientemente”.
VANTAXES E INCONVENIENTES
Respecto da posibilidade de optar pola liña fría, a deputada popular indicou que “ten unha serie de vantaxes, pero tamén inconvenientes, polo que faise necesario estudar o tema en profundidade e sopesar os pros e os contras dun sistema e doutro para tomar finalmente a mellor decisión”.
Marta Rodríguez-Vispo tamén se referiu á situación laboral do persoal que presta servizos na cociña do CHUO e avanzou que “será a mesma que na actualidade”. Neste sentido, lembrou que nunha recente reunión da comisión do complexo hospitalario co novo xerente “houbo sintonía absoluta neste tema, habendo un compromiso por ambas partes de que cando se decida o tipo de cociña que se vai implantar se falará coa Xunta de Persoal con total claridade e transparencia”.
O PPdeG reitera a necesidade de que sexan os profesionais quen decidan o sistema de cociña a implantar no Hospital de Ourense
- viernes, 30 de junio de 2017
- 11:36 am
- Duración de lectura aproximada: 1 minute
Noticias recomendadas
O equipo do PPdeG que concorrerá ás Eleccións Xerais do 29N nas listas do Congreso e do Senado traballará para ser “o motor do cambio en España”
O PPdeG xa ten conformadas as listas das catro provincias para concorrer ás Eleccións Xerais do próximo 29 de novembro. Compostas por perfís diversos, o PPdeG busca que estas mulleres
O Parlamento aproba impulsar a recuperación das razas autóctonas con máis axudas ás asociacións de criadores
O Parlamento de Galicia vén de aprobar, por unanimidade, unha iniciativa do Grupo Parlamentario Popular na que se insta á Xunta de Galicia a valorar a situación actual da recuperación
O Parlamento reclama ao Goberno central “máis apoio efectivo” para o sector marisqueiro e as confrarías galegas
O Parlamento de Galicia aprobou hoxe dúas iniciativas do Grupo Parlamentario Popular nas que se reclama ao Goberno central un incremento substancial do apoio e a protección para o sector