Skip to content

Pedro Puy destaca a axilidade do Parlamento para abordar o problema dos incendios e a rapidez de resposta da Xunta para atender as demandas dos afectados

Santiago, 6 de novembro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, salientou hoxe o protagonismo que terá a vaga de incendios forestais do pasado mes de outubro no Pleno que se celebra esta semana. Neste sentido, destacou a “axilidade e rapidez coa que se está a actuar no Parlamento, aberto aos problemas que poden xurdir, e a rapidez de resposta da Xunta ante os problemas da cidadanía, poñendo a disposición dos afectados axudas por 21 millóns de euros”.

 

Pedro Puy lembrou que a sesión plenaria iniciarase mañá co debate de totalidade do proxecto de Lei de espectáculos públicos e actividades recreativas, “a primeira norma autonómica que establece unha regulación global deste asunto e que dotará dunha maior seguridade tanto os grandes eventos como as verbenas populares”.

 

AXUDAS HABILITADAS

 

O Pleno estará protagonizado polos incendios forestais, xa que, ademais da comparecencia, a petición propia e a solicitude dos tres grupos da oposición, do Presidente da Xunta, se suman outra pregunta de En Marea ao Presidente galego sobre este tema; tres interpelacións e unha pregunta á conselleira do Medio Rural sobre os lumes; catro das seis proposicións non de lei da oposición son sobre este asunto; e tamén se debaterá unha moción sobre a elaboración do novo Plan Forestal.

 

Pedro Puy salientou a “axilidade e rapidez” do Parlamento por incorporar ao debate os problemas que poden xurdir, así como a “rapidez de resposta da Xunta na posta a disposición dos afectados de axudas por importe de 21 millóns de euros para a reparación dos danos ocasionados pola vaga de lumes, agrupando nunha soa orde tódalas subvencións dos distintos departamentos autonómicos do Goberno galego”.

Así mesmo, indicou que o propio Goberno central xa avanzou un paquete de medidas para os afectados polos incendios e incluso algunha deputación, como a de Ourense, tamén ten reaccionado ante este problema coa celebración dun Pleno e a adopción dun acordo con medidas para os afectados polos incendios forestais e para coordinar cos alcaldes as medidas para a reparación de danos.

 

“Confiamos que, dado que todas as administracións teñen que colaborar dentro do seu ámbito competencial na axuda ao restablecemento dos danos e do mesmo xeito que o Estado, o Goberno galego e a Deputación de Ourense están xa a actuar as demais deputacións provinciais se sumen e se coordinen neste traballo”, indicou.

 

REMATE COMPARECENCIAS DE ORZAMENTOS

 

O portavoz popular referiuse, ademais, á tramitación parlamentaria dos orzamentos da Xunta para 2018 e indicou que hoxe rematan as comparecencias dos responsables da administración, que darán paso á celebración do Pleno de totalidade o vindeiro 20 de novembro e a posterior debate en comisión e ponencia das contas públicas.

 

Puy manifestou que “todas as comparecencias se axustaron á normalidade, salvo pola incidencia da inasistencia dos presidentes das deputacións de Pontevedra e Lugo, que racharon acordo que viña do ano 2007”. Neste sentido, cualificou de “sorprendente” esta ausencia “unha vez que hai un acordo sobre a importancia da coordinación entre as deputacións e a Xunta para determinados aspectos, e parece que imos dez anos cara atrás con argumentos que parecían superados”.

Noticias recomendadas

Alberto Pazos afirma que a Comisión de Investigación chega ao seu fin demostrando o bo facer dos gobernos do PPdeG
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, manifestou hoxe que a Comisión de Investigación sobre a contratación da Administración galega “está chegando ao seu fin cumprindo os obxectivos que desde
Borja Verea destaca a “imparable” forza do cambio iniciada en Santiago tras a vitoria nas eleccións municipais: “Cada vez somos máis”
O presidente do PP de Santiago, Borja Verea, animou hoxe os seus a seguir traballando con ganas, entusiasmo e ilusión para acadar o obxectivo de gobernar a capital de Galicia
O PPdeG demanda ao Goberno central un plan integral de abordaxe da obesidade dirixido á sociedade en xeral, como o que ten en marcha a Xunta
A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, demandou hoxe no Parlamento de Galicia que “o Goberno central, do mesmo que xa está a facer a Xunta de Galicia,
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver más
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Guardar ajustes
Configuración de cookies