Skip to content

Tellado destaca en Monforte a mellora da sanidade pública co goberno de Feijóo

Monforte de Lemos, 08 de agosto de 2016.- O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, fixo hoxe balance da actuación do goberno de Feijóo na área de Monforte nunha rolda de prensa na que estivo acompañado polos deputados Julia Barreira e Ángel Camino.

O número dous do PPdeG quixo por en valor os “feitos” que diferenzan ao PPdeG daqueles que só teñen palabras. “Mentres a oposición vai cada día a peor, Galicia vai a mellor”, salientou Tellado.

UNHA GALICIA E UN MONFORTE MELLORES PARA VIVIR
O secretario xeral do PPdeG quixo salientar que as distintas melloras na calidade de vida dos galegos acadadas grazas ás medidas tomadas polo goberno de Feijóo ao longo destes anos.

Comezando pola sanidade pública, Miguel Tellado lembrou que conseguiuse unha maior eficiencia, pois ao tempo que se está a realizar un maior número de intervencións cirúrxicas e de consultas hospitalarias anuais que en 2009, o tempo medio de espera de ambas atópase nos datos máis baixos dende que existen rexistros de listas de espera.

Tellado considerou que estes datos se contextualizan pola mellor organización das estruturas sanitarias, pola súa mellor dotación tecnolóxica coa implantación ao 100% da receita electrónica e da historia clínica electrónica así como polo plan de infraestruturas que ten levado a que “sete de cada dez galegos” viran construír ou reformar o seu centro sanitario de referencia.

No caso da área de Monforte, a deputada Julia Rodríguez exemplificou esa mellora coa execución de reformas por valor de case 400.000 euros no hospital comarcal, que redundaron na posta en marcha de novos servizos sanitarios como a consulta de alerxias, a proba de amniocentese ou o hospital de día onco-hematolóxico.

Na atención social, o número dous dos populares galegos destacou cifras como a diferenza entre os 14.000 dependentes atendidos en 2009 e os 50.000 que o estarán a finais desde 2016 ou os 2.700 usuarios do servizo de axuda no fogar de 2009 fronte aos máis de 12.000 deste exercicio.

Pola súa banda, a deputada Julia Rodríguez lembrou o avance das políticas de atención social na área de Monforte, destacando o incremento de prazas concertadas para persoas con discapacidade.
Tellado puxo en valor tamén as melloras da vertebración territorial a través do aumento da rede autonómica de estradas que permite que o 80% dos galegos estea a menos de 15 minutos dunha vía de altas prestacións.

Este aumento da vertebración territorial plasmouse na área de Monforte con obras como o remate da vía de altas prestacións ata Sarria tras un investimento total de 135 millóns de euros, tal e como se encargou de lembrar a deputada Julia Rodríguez.

GALICIA E MONFORTE, CRECENDO E CON MÁIS EMPREGO
O número dous dos populares galegos lembrou a “tendencia á alza” do emprego nestes momentos, en contraste coa tendencia á baixa que imperaba cando Feijóo accedeu ao goberno. Lembrou que taxa de paro é 3 puntos inferior á existente no comezo da lexislatura e que hai case 50.000 afiliados máis á seguridade social.

Tellado atribuíu as melloras de emprego e crecemento económico a políticas da Xunta que melloran a empregabilidade das persoas traballadoras como poden ser o incremento dun 50% das prazas de Formación Profesional dende 2009 ou a accesibilidade das ensinanzas universitarias ao ter as taxas máis baixas do Estado.

Asemade, lembrou que a mellora do emprego vén derivada de que a solvencia de Galicia ten permitido que levemos once trimestres seguidos con taxas positivas de crecemento interanual do PIB.
Tellado defendeu este “crecemento sólido”, non baseado no recurso a débeda como noutras Comunidades Autónomas senón en melloras estruturais da economía como o “récord histórico de exportacións” acadado o pasado ano e que vai camiño de superarse neste ou os “máximo histórico” de visitantes turísticos conseguido no primeiro semestre deste mesmo ano.

A este crecemento deu explicación polas maiores facilidades dadas ao emprendemento a través da eliminación de licenzas municipais, da creación de deducións fiscais para a capitalización de novas empresas ou das bonificacións para o acceso ao solo empresarial.

Incidiu tamén o secretario xeral dos populares galegos nas novas oportunidades xeradas no medio rural por iniciativas como o programa de impostos cero para transmisións e agrupacións de fincas rústicas, a extensión das redes de internet de alta capacidade ao rural ou a posta en valor do material forestal a través do impulso da biomasa como fonte de enerxía nas industrias, nos fogares e nos edificios públicos, incluíndo  o propio hospital comarcal.

En concreto para a área de Monforte, a deputada Julia Rodríguez quixo lembrar o impacto positivo para a actividade económica que tiveron medidas como o investimento en urbanizar e dotar de accesos ao Porto Seco así como a inclusión do Camiño do Inverno como ruta oficial do Camiño de Santiago na nova Lei de Patrimonio Cultural.

GALICIA, MELLOR PARA TODOS
O secretario xeral do PPdeG quixo facer notar que a melloría de Galicia con Feijóo tense trasladado a todo o territorio e que “estas liñas de traballo global teñen unha concreción local en cada zona de Galicia”.

Non obstante, Tellado quixo lembrar que esta “melloría para todos” non só ten unha tradución territorial senón tamén social, dado que a mellora da situación orzamentaria da Xunta ten permitido poñer en marcha novas políticas para os colectivos máis vulnerables como poden ser o programa de inserción laboral das vítimas de violencia machista, o programa de realoxo en vivendas baleiras das persoas desafiuzadas ou as axudas para pagar a factura eléctrica ou o material escolar ás familias con máis dificultades.

AS PRIMARIAS DAS MAREAS, “UNHA TOMADURA DE PELO”
O número dous dos populares galegos tamén cargou contra o proceso de “primarias de paripé” emprendido polas Mareas, das que concluíu que “rematan antes de empezar” posto que “a cúpula impuxo un candidato fabricado por eles mesmos”.

“Nós xa estamos afeitos a que a cúpula das Mareas non respecte aos nosos votantes pero semella que agora nin sequera respectan aos seus propios”, afirmou Tellado, cualificando de “tomadura de pelo” as “falsas primarias” feitas co único obxectivo de “xubilar a Beiras”. O secretario xeral do PPdeG lembrou que membros da cúpula das Mareas teñen cualificado de “innegociable” a un único candidato e ironizou con que a presunta “campaña electoral” das primarias se produza de xeito “exprés”, en tres días e “na ponte de agosto”.

Noticias recomendadas

O PPdeG pide ao Goberno central “máis transparencia, menos mentiras cos prazos e a maior axilidade” coa autovía A-54 entre Santiago e Lugo
O Partido Popular de Galicia pide ao Goberno de Pedro Sánchez “máis transparencia cos seus proxectos, menos mentiras cos prazos e a maior axilidade” en relación á autovía A-54, que
Alfonso Rueda ve ao Partido Popular preparado na provincia de Pontevedra para un 2025 aínda mellor que os anos anteriores
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, asegurou hoxe que ve ao Partido Popular preparado en Pontevedra para un 2025 aínda mellor que os anos anteriores, tanto a nivel provincial como
O Grupo Popular pecha o período de sesións no Parlamento galego “coa satisfacción do deber feito e listos para seguir levando adiante os compromisos adquiridos cos galegos”
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, asegurou hoxe que «pechamos o período de sesións no Parlamento de Galicia coa satisfacción do deber feito e listos afrontaremos o novo período
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver más
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Guardar ajustes
Configuración de cookies