Santiago, 1 de decembro de 2016.- O portavoz de Educación do Grupo Popular, César Fernández, sinalou esta tarde no Parlamento que “é o momento de poñernos a traballar na busca dun consenso para acadar un pacto pola educación que prime os intereses dos alumnos por riba dos intereses políticos”.
César Fernández lembrou o acordo acadado no Congreso dos Deputados para crear unha subcomisión parlamentaria para acadar un pacto pola educación que xere estabilidade no sistema e contribúa a despolitizar o ámbito educativo.
DIAGNÓSTICO PREVIO
Neste sentido, o portavoz popular botou “en falta un diagnóstico dos grupos da oposición sobre a situación da que vimos: unha taxa de abandono educativo de case o dobre que a media europea ou unha taxa de abandono escolar arredor do 30 por cento. “Non hai máis segregador, máis inxusto e máis excluínte que expulsar a máis dunha cuarta parte dos alumnos sen futuro do sistema educativo como consecuencia da lexislación educativa vixente ata a LOMCE”, indicou.
Fernández manifestou que “estamos ante unha oportunidade histórica e desde o Partido Popular imos traballar nesa liña de busca do consenso co resto de forzas políticoas” “Sempre hai que traballar en positivo e intentar construír, porque as imaxes polarizadas non levan a nada produtivo”.