(Chantada, 1967). En 2012 asume a titularidade da Secretaría Xeral de Igualdade, tras ser nomeada polo Consello da Xunta; unha responsabilidade que xa ostentou na pasada lexislatura dende octubro de 2011 ata setembro de 2012.
Deputada no Parlamento galego dende la VI Lexislatura e vicesecretaria executiva e voceira de Benestar Social do PPdeG. Nesa lexislatura foi voceira adxunta 3ª do Grupo Popular, presidenta da Comisión de Xuventude, voceira na Comisión de Igualdade e Dereitos da Muller, voceira de Emprego na Comisión de Sanidade, Política Social e Emprego e secretaria na Comisión de Economía, Facenda e Presupostos. Durante a VII Lexislatura, foi voceira de Traballo, Muller e Igualdade del Grupo Popular, vogal nas comisións Institucional, Sanidade, Política Social e Emprego e de Relacións co Consello de Contas. Na VIII Lexislatura foi elixida deputada autonómica pola provincia de Lugo.
Entre os anos 1999 e 2003 foi concelleira de Cultura e Relacións Institucionais e tenente de alcalde no Concello de Chantada.