Skip to content

Tellado pídelle ao Goberno que pense «en crear emprego e non en pechar empresas»

11, xuño, 2020. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, apuntou que, ante a grave crise que temos no horizonte, “necesitamos que o Gobernos axude a crear riqueza, e non pense en destruíla; gobernos que fomenten a actividade económica e non o desmantelamento dos nosos sectores estratéxicos; e gobernos que pensen en crear emprego e non en pechar empresas”.

Igualmente, insistiu en pedir ao Executivo central que deixe de atacar á industria galega, que poña as ferramentas necesarias enriba da mesa para que as nosas empresas poidan manter a súa actividade e ser competitivas, e que evite peches e despedimentos innecesarios para a nosa economía.

 

Moi preocupado polo futuro das electrointensivas, lembrou que o resultado da mesa de Alcoa San Cibrao celebrada o martes foi decepcionante e que só constatou que o Goberno segue a poñer escusas para non asumir a súa responsabilidade: fixar un prezo eléctrico competitivo e estable para colocar a España en igualdade de condicións co resto de Europa, para permitir a continuidade da produción de aluminio primario e para garantir o mantemento dos empregos de Alcoa en San Cibrao e en toda a Mariña e de toda a industria electrointensiva galega.

 

O número dous do PPdeG tamén recordou que o Executivo central non presentou o borrador do Estatuto para os consumidores electrointensivos que leva prometendo desde hai máis de ano e medio, nin concretou se aceptará as alegacións realizadas desde Galicia, Asturias e Cantabria a un documento que non dá resposta ás necesidades reais para que a industria electrointensiva teña futuro en España.

 

Ademais, salientou que antes incluso destas alegacións, durante os meses de Goberno en funcións, a Xunta chegou a mandar un borrador de estatuto que o Executivo só debía aprobar para solucionar este problema: “Unha vez máis Galicia aportou solucións onde o Goberno tiña creado un problema e amosou a súa vontade de traballar con el, pero este respondeunos con indiferencia e con desidia”.

 

“Esta inacción e falta de compromiso do Goberno de Sánchez pon en perigo 5.000 empregos directos en Galicia de xeito inminente, pois nin sequera ofrece saídas a curto prazo para unha industria electrointensiva que o propio Executivo declarou esencial durante o estado de alarma”, subliñou o secretario xeral.

 

Así mesmo, lamentou que non exista vontade política para desbloquear a situación, xa que o Executivo central non aclarou se convocará a poxa de interrompebilidade para o que resta de ano, despois de que a do primeiro semestre fose a máis raquítica da historia; nin tampouco se establecerá o orzamento máximo que permite a Unión Europea para as compensacións por emisións de CO2 (ao redor de 275 millóns de euros), despois de que só habilitase unha partida –claramente insuficiente– de 6 millóns de euros.

 

DESAFIUZAR ÁS EMPRESAS DO MAR
Por outra banda, Tellado tamén se referiu á vontade do Ministerio de insistir na reforma do regulamento da Lei de Costas, desta vez aproveitando a pandemia para colala de esguello na Lei de Cambio Climático.

 

Segundo indicou, isto amosa que tanto a Xunta como o PPdeG estaban no certo: “Tanto en abril do ano pasado cando denunciamos o intento de variar as condicións e desafiuzar ás empresas do mar ubicadas na costa, como en xaneiro e febreiro deste ano cando desde o Goberno se dixo que esta reforma estaba paralizada e que non se reactivaría sen falar co sector”.

 

Sobre isto, resaltou que se trata dunha decisión dun impacto enorme para a Comunidade, pois afecta a máis dun cento de empresas e a cerca de 5.000 edificacións de 80 concellos costeiros, entre os que se atopan desde centros de saúde ata colexios e depuradoras de augas residuais.

Noticias recomendadas

O Grupo Popular pecha o período de sesións no Parlamento galego “coa satisfacción do deber feito e listos para seguir levando adiante os compromisos adquiridos cos galegos”
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, asegurou hoxe que «pechamos o período de sesións no Parlamento de Galicia coa satisfacción do deber feito e listos afrontaremos o novo período
O presidente Alfonso Rueda emprega as súas dotes de ‘director’ para deixar claro que “Galicia soa moi ben”
O Partido Popular de Galicia estrea hoxe o seu vídeo de Nadal, no que o presidente Alfonso Rueda emprega as súas dotes de ‘director’ para deixar claro que “Galicia soa
Alberto Pazos afirma que a Comisión de Investigación chega ao seu fin demostrando o bo facer dos gobernos do PPdeG
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, manifestou hoxe que a Comisión de Investigación sobre a contratación da Administración galega “está chegando ao seu fin cumprindo os obxectivos que desde
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver más
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Guardar ajustes
Configuración de cookies