Pregunta sobre se vai continuar o goberno galego apoiando dalgún xeito o labor de atención aos peregrinos das agrupacións de voluntarios de Protección Civil.
Iniciativa:
Os camiños a Santiago de Compostela son un sinal de identidade de Galicia, ademais de ser un símbolo relixioso, de solidariedade e de europeísmo, por iso a Xunta de Galicia ten unha serie de programas e actividades encamiñadas á súa atención e desenvolvemento sostible.
Entre eles destaca a atención dos camiños e peregrinos por parte dos voluntarios de protección civil. As Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil, sitas nos camiños a Santiago, adícanse dende hai anos á atencións aos peregrinos, albergues, concentración de persoas, etc.
Foi no ano 2016 cando se asinou un convenio de colaboración coa Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Camiño Francés, a través do cal se lle asignaba unha axuda económica para os gastos de funcionamento e atención aos peregrinos. O convenio volveuse a asinar no 2018 e neste ano 2019 ampliouse ás Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil do Camiño Portugués.
Estas actividades de atención levadas a cabo por las Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil deron bos resultados, e así o poñen de manifesto tanto os peregrinos coma as entidades locais ás que pertencen as Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil.
Ademais, tense demostrado que as Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil xogan un papel fundamental na consolidación dunha imaxe segura dos camiños de Santiago. Polo tanto, é importante continuar traballando e ampliar os convenios aos demais camiños.
Por todo isto, os deputados e deputadas asinantes presenta a seguinte Pregunta para a súa resposta oral en Comisión:
-Vai a continuar o Goberno galego apoiando dalgún xeito esta labor de atención aos peregrinos das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil?
Enlace pregunta: http://www.es.parlamentodegalicia.es/Rexistros/q349i6ZqSuoTQVvsHI7F59g_5b9iQuethuENj6SodMA=
Enlace video Intervención: http://mediateca.parlamentodegalicia.es/library/items/comision-1-institucional-administracion-xeral-xustiza-interior-2020-09-16?part=f0dc78dc-066f-4139-b8f4-4040f12fedbb&start=464
Resposta da Xunta, nota de prensa: https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/51475/xunta-destaca-papel-los-voluntarios-proteccion-civil-para-garantizar-peregrinaje