Pregunta sobre o balance dos investimentos e obras postas en marcha ou previstas nos portos galegos de competencia autonómica nos últimos meses
Unha parte fundamental da actividade económica das vilas costeiras galegas depende dos seus portos e de accións vencelladas ao mar, tanto as relativas ás descargas e vendas de produtos do mar coma as relativas á actividade comercial marítima, transporte ou actividades e recepción de tránsitos náuticos.
O estado de Alarma, decretado o pasado 13 de marzo motivou un parón importante no país, ante o que a Xunta de Galicia, e neste caso a, Consellería do Mar, non baixou a garda.
A xestión do ente público Portos de Galicia durante os últimos exercicios sufriu unha importante transformación buscando a compatibilidade entre a necesaria sostibilidade económica do organismo e a atención de calidade ás necesidades do sector marítimo portuario, alén de asumir a difícil situación económica. E ante esa aposta a Consellería tiña programadas diferentes obras de dragado e obras de mellora nas instalacións portuarias, que actualmente están en marcha.
Por todo o sinalado anteriormente, os deputados asinantes formulan a seguinte pregunta:
Cal é o balance dos investimentos e obras en marcha ou en previsión nos portos galegos de competencia autonómica nos últimos meses?
Iniciativa Rexistro: http://www.es.parlamentodegalicia.es/Expedientes/11/POC-000071