Iniciativa sobre a demanda do Goberno galego ao Goberno central de atención ás alegacións presentadas pola xunta respecto do Proxecto de orde pola que se establecen os prezos dos cargos do sistema eléctrico e dos pagos por capacidade que resultan de aplicación a partir do 1 de xuño de 2021
A partires do próximo 1 de xuño de 2021 serán de aplicación importantes cambios na factura da luz, comezando a operar o novo sistema de tarifas eléctricas do Goberno Central.
A Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia (CNMC) remitiu, a principios do mes de marzo, o proxecto da orde pola que se establecen os prezos dos cargos do sistema eléctrico e dos pagos por capacidade que resultan de aplicación a partir do próximo 1 de xuño de 2021; así como a memoria do análise de impacto normativo de dito proxecto con aplicación desde o pasado 1 de xaneiro.
Este proxecto de orde desenvólvese en aplicación do Real Decreto polo que se establece a metodoloxía para o cálculo dos cargos da factura eléctrica, aprobado no Consello de Ministros do pasado 9 de marzo e publicado no BOE do 18 de marzo, último día de finalización de prazo das alegación, este escaso tempo, implicou, que moitos axentes non puideran coñecer o texto do Real Decreto co tempo suficiente para analizalo en profundidade e con rigor, dada a importante incidencia que ten o seu articulado na economía das familias e na competitividade das empresas.
Na actualidade, as tarifas de peaxes de acceso de baixa tensión con potencia igual ou inferior a 15 kW estrutúranse en dous grupos de 3 tarifas cada un . Os novos cargos e peaxes que van a entrar en vigor a partir do 1 de xuño, contemplan unha única tarifa, para baixa tensión e potencia igual ou inferior a 15 kW.
Todas as subministracións con potencia contratada inferior a 15 kW terán unha tarifa con tres termos de enerxía (punta, meseta e val) e dous termos de potencia (punta e val).
Actualmente só poden acollerse ao Prezo Voluntario ao Pequeno Consumidor (PVPC) os consumidores con potencia de contrato menor ou igual a 10 kW, obrigándose aos consumidores con potencia superior a 10 kW a acudir ao mercado libre. Co novo sistema de tarifas, veranse obrigados a incrementar a potencia dos equipos de calefacción para acumular a enerxía necesaria en menos horas, o que lles pode obrigar a contratar potencias superiores a 10 kW y véndose obrigados a abandonar o PVPC.
O impacto dos novos peaxes e cargos na factura eléctrica será diferente en función da curva horaria de carga de consumo e do esforzo por modificar hábitos e pautas de consumo.
Desta forma a enerxía podería chegar a costar no Prezo Voluntario para o Pequeno consumidor PVPC ata o triplo en función da xestión do uso doméstico da electricidade, pois os cargos sobre o Kwh variarán en función de tres horarios con coste moi diferente.
No caso das tarifas de uso industrial, tamén se producen cambios, e segundo diversas previsión, dedúcese que cos novos cargos e peaxes, en xeral haberá un incremento dos custos de facturación de enerxía en comparación coa situación actual, o que implicará un sobrecusto na facturación de enerxía eléctrica final que pagan os consumidores industriais.
Outra das deficiencias da orde publicada radica no peso específico que se lle asigna a recadación dos custos regulados, desincentivando as instalacións de autoconsumo polo retraso na súa amortización.
A priori parece que se aveciñan costes máis caros a través desta nova estrutura de cargos do sistema e dos novos peaxes, varios perfís de consumidores se verán afectados con importantes subidas do prezo da luz, pois aínda que se pretenda abaratar o termo de potencia, non fai de contrapeso ao previsible incremento por enerxía en moitos dos casos, e de seguro moito máis no ámbito industrial, moi prexudicado xa polo actual sistema de prezos da enerxía de España.
A Xunta de Galicia fixo unha análise desta nova estrutura de tarifas, e presentou varias alegacións á Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia (CNMC) dado a
transcendencia que pode ter a aprobación desta importante modificación das tarifas eléctricas tal e como se publicou.
Por todo o exposto, o Grupo Parlamentario Popular, presenta a seguinte proposición non de lei en Pleno:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia, a solicitar ao Goberno de España, que atenda as alegacións feitas pola Xunta de Galicia ao “Proxecto de orde polo que se establecen os prezos dos cargos do sistema eléctrico e dos pagos por capacidade que
resultan de aplicación a partir do 1 de Xuño de 2021”, e que se se substancian en:
1. Ampliar o prazo de alegacións a este proxecto de orde para que os axentes interesados poidan analizalo en profundidade e formular alegacións con rigor, dada a importante incidencia que ten o seu articulado na economía das familias e na competitividade das empresas.
2. Ampliar o dereito de poder acollerse ao Prezo Voluntario ao Pequeno Consumidor
(PVPC) ata potencias iguais ou inferiores a 15 kW para o consumidor doméstico.
3. Realizar estudos de facturación de enerxía eléctrica cos perfís de consumo habituais dos fogares e das empresas dos sectores industrial e servizos, para coñecer o impacto económico real dos novos cargos e peaxes na factura de electricidade como paso previo á aprobación dos cargos do sistema eléctrico que se realicen.
4. Có obxectivo de impulsar a eficiencia enerxética e o autoconsumo, solicítase que se conceda máis peso específico ao termo de enerxía que o de potencia.
5. Realizar con suficiente antelación a posta en marcha das novas tarifas, campañas informativas que axuden ao consumidor a facilitar a toma de decisións para facer un consumo máis eficiente”.
Rexistro: https://www.parlamentodegalicia.es/Rexistros/hMz3rcR2hKX6_O5aim-pKvEII1CRfTUllW7km8WZeOg=