Skip to content

Defensa da autonomía financeira e capacidade normativa en materia tributaria de Galicia

 

Defensa por parte da Xunta de Galicia da autonomía financeira e capacidade normativa en materia tributaria e a demanda ao Goberno de España da reversión da modificación do artigo 36 da Lei do imposto sobre a renda das persoas físicas que prevé o Proxecto de lei de medidas de prevención e loita contra a fraude fiscal 

 

O Parlamento de Galicia aprobou o pasado 27 de xaneiro, por iniciativa do Grupo Parlamentario Popular de Galicia e sen ningún voto en contra, unha Proposición Non de Lei para defender a autonomía financeira e a capacidade normativa en materia tributaria que a Constitución, o Estatuto de Autonomía e as leis lle recoñecen a Galicia, baseada en que o artigo 156 da Constitución Española garante a autonomía financeira das Comunidades Autónomas para o desenvolvemento e execución das súas competencias, de acordo cos principios de coordinación coa Facenda estatal e de solidariedade entre todos os españois.

Esta iniciativa aprobouse logo de coñecerse a intención do actual Goberno de coalición PSOE-Podemos de deturpar o noso dereito civil e a nosa autonomía fiscal mediante a introdución no Proyecto de Ley de Medidas de prevención y lucha contra el fraude fiscal dun artigo Terceiro, que modifica a Ley 35/2006 del Impuesto sobre la Renta de las Personas Físicas, que no seu número Dos modifica o artigo 36 da mencionada Ley do IRPF, de xeito que se equipara a un suposto de fraude fiscal a transmisión dos bens herdados en vida a un terceiro mentres o causante segue vivo, ao que se obrigaría a tributar por unha ganancia patrimonial excesiva no IRPF ao ter en conta para o cálculo da mesma a data e valor de adquisición do apartante e non a de quen herdou o ben.

A autonomía financeira de Galicia materialízase, como a propia Constitución establece no artigo 157 e entre outros, a través de recursos propios (os impostos, taxas e contribucións especiais que se establezan) e dos impostos cedidos total o parcialmente polo Estado, que se concretan a través de Lei Orgánica.

A Lei Orgánica 8/1988 de Financiamento das CC.AA. (LOFCA), tras a súa última reforma, establece un abano de competencias en materia tributaria nos principais tributos cedidos (total ou parcialmente) ás CC.AA.; nomeadamente no Imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF); no Imposto do Patrimonio (IP); no Imposto sobre as Sucesións e as Doazóns (ISD); ou nos impostos sobre transmisións patrimoniais onerosas e actos xurídicos documentados (ITP e AXD), sobre o xogo ou os impostos especiais sobre os hidrocarburos.

 

Defensa da autonomía financeira e capacidade normativa en materia tributaria e demanda ao Goberno de España da reversión da modificación do artigo 36 da Lei do imposto sobre a renda das persoas físicas que prevé o Proxecto de lei de medidas de prevención e loita contra a fraude fiscal. 

Coa excepción das CC.AA. do País Vasco e Navarra, que contan cun réxime foral recoñecido constitucionalmente (D.A.Primeira), todas as CCAA de España teñen desenvolvido, de acordo coa Constitución e a LOFCA, as súas propias políticas fiscais, que son recorrentemente validadas a través de procesos democráticos.

Galicia, en uso da súa autonomía fiscal, garantida no seu Estatuto de Autonomía (art. 42 e 44, e nas D.A) ven desenvolvendo desde o ano 2009 unha política tributaria caracterizada por unha responsable baixada dos tributos, particularmente beneficiosa para as clases medias e as menos favorecidas, que ten permitido reducir a súa carga fiscal no IRPF ao 98,5% dos e das contribuíntes galegas; a práctica eliminación do ISD, xa que o 99,6 % dos contribuíntes están exentos do pago de este tributo (ao valorarse en menos dun millón de euros a herdanza que reciben dos seus proxenitores, fillos ou cónxuxes); e tamén poñer en marcha reducións fiscais selectivas, a maioría delas de carácter social (por exemplo a eliminación do ITP, cun límite en función do Patrimonio, para as persoas con discapacidade, os menores de 36 anos e as familias numerosas que mercan a súa vivenda en zonas pouco poboadas; ou incrementando as deducións por nacemento de fillos no IRPF) e tamén para a mobilización de recursos produtivos (por exemplo, liberando por completo do pago do ITP e AXD as compravendas de terreos rústicos, as agrupacións de fincas rústicas e as transmisións totais e parciais de explotacións agrarias, coa finalidade de dinamizar a economía do rural; ou con deducións fiscais no IRPF para impulsar a I+D+i.

Todas elas avaliadas pola cidadanía en sucesivos procesos electorais, porque permitiron estimular a economía en momentos de crise económica, ao tempo que a Comunidade Autónoma cumpría todas as normas de estabilidade financeira, o que conlevou a súa vez unha menor necesidade de recorrer ao endebedamento, que medrou significativamente por baixo en Galicia que no conxunto das CC.AA. españolas.

Especialmente significativa pola súa incidencia social resultaron as exencións introducidas no ISD. Porque Galicia, tamén ao amparo da Constitución de 1978 (art.149.1.8º) e do Estatuto de Autonomía (art. 27.4), ten actualizado o seu dereito civil, no que salientan as figuras dos chamados pactos sucesorios (a “apartación” e o “pacto de mellora”, arts. 209 a 213 e 214 a 218 da Lei 2/2006 de Dereito Civil de Galicia), que permiten, como acontece en Galicia desde tempos inmemoriais, a transmisión sucesoria en vida do causante de bens concretos aos herdeiros.

Ata hai poucos anos, a Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT) entendía que ao levarse a cabo as transmisións sucesorias en vida do causante se xeraba unha ganancia patrimonial (ao igual que sucede nas doazóns) que obrigaba a tributar por tal concepto no IRPF. Diante desta práctica, que violentaba o noso Dereito Civil propio e por tanto o conxunto do ordenamento xurídico, o Parlamento de Galicia, por iniciativa do Grupo Parlamentario Popular de Galicia, aprobou por unanimidade na súa sesión de 11 de novembro de 2014 unha Proposición Non de Lei na que se instaba a AEAT a abandonar unha interpretación que obrigaba aos galegos e galegas a recorrer á xustiza, que en múltiples ocasións lles daba a razón, ao ser desautorizada a actuación da AEAT en numerosos pronunciamentos dos Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Producida a rectificación por parte da AEAT, e coincidindo coa modificación do ISD, máis de 140.000 galegos e galegas recibiron bens por transmisión sucesoria en vida desde o ano 2016; feito que da boa conta da importancia social destas institucións do noso dereito civil xa que, ao coincidir cun réxime fiscal favorable tras a rebaixa no IS, permitiu a moitos mozos poder acceder a unha vivenda, ou emprender un negocio.

Por outra parte, esta reforma, en contra do que sostivo o Goberno de coalición PSOE- Podemos durante o informe da ponencia, é innecesaria para a prevención da fraude que di querer evitar e da que, ademais, por parte da AEAT non se ten avalado con datos obxectivos e coñecidos.

Polo contrario, a norma proposta o que habilita é tratar a todos os beneficiarios destes pactos que transmitan os bens como defraudadores, dispensando de toda proba á administración, convertendo por disposición legal un negocio perfectamente válido, nunha ficción legal que presume sempre que o fin é fraudulento, ficción declarada inconstitucional polo alto tribunal en STC 194/2000, precisamente por vulnerar o principio de capacidade económica e o dereito á tutela xudicial efectiva (Arts 31.1, 25.1 e 24.2 da CE) sen que o contribuínte poida rebatelo.

Ademais, a Administración xa dispón doutros instrumentos no caso de que a fraude puidese existir e que, en todo caso, tería que ser probada, sendo de todo inhabitual que a súa prevención se faga mediante a ameaza fiscal de aumentar o gravame do incremento patrimonial.

Non obstante, e pese á iniciativa aprobada polo Parlamento galego, o actual Goberno de coalición PSOE-Podemos mantén a súa pretensión de deturpar o noso dereito civil e a nosa autonomía fiscal mediante a introdución no Proyecto de Ley de Medidas de prevención y lucha contra el fraude fiscal do citado artigo Terceiro, que modifica a Ley 35/2006 del Impuesto sobre la Renta de las Personas Físicas. A semana pasada a Comisión de Hacienda do Congreso dos Deputados deu o seu visto bo a esta norma, pero aínda ten que ser ratificada polo Senado.

Esta norma, de aprobarse, produciría unha evidente discriminación ao restrinxir a capacidade de disposición dos herdeiros en vida do que teñen percibido (que terían que agardar ao falecemento do causante para poder dispoñer dos bens) facéndolles tributar por unha parte do valor dos bens que queda exonerada de percibilos ao falecemento do causante ; desvirtuaría novamente a natureza dos pactos sucesorios contemplados no Dereito Civil de Galicia; xeraría unha grave incerteza xurídica ao no preverse ningún réxime transitorio; e afectaría por todo elo gravemente a autonomía de Galicia, tanto no que atinxe ao desenvolvemento do seu propio Dereito Civil como ao exercicio da autonomía financeira por parte da Comunidade Autónoma, que utiliza, de acordo coa Constitución e o Estatuto, as súas competencias en materia tributaria para realizar políticas económicas e sociais específicas.

 

Tendo en conta a actual situación de tramitación parlamentaria deste Proyecto de Ley de Medidas de prevención y lucha contra a fraude fiscal, o Grupo Parlamentario Popular, presenta a seguinte proposición non de lei en Pleno:

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia:

1. A dirixirse ao Goberno de España para demandarlle que respecte a autonomía financeira e a capacidade normativa en materia tributaria que a Constitución, o Estatuto de Autonomía e as leis lle recoñecen a Galicia.

2. A demandarlle ao Goberno de España que promova, na tramitación parlamentaria en curso do Proyecto de Ley de Medidas de prevención y lucha contra el fraude fiscal, actualmente no Congreso, a supresión do artigo que reforma a Ley 35/2006 del Impuesto sobre la Renta de las Personas Físicas para introducir a ficción legal consistente en declarar como comportamento fraudulento, que non admite proba en contrario, toda venda dos bens recibidos a través dos pactos sucesorios en vida regulados no Dereito Civil de Galicia; por tratarse dunha clara e inxustificada vulneración da autonomía competencial e financeira da Comunidade Autónoma de Galicia, e do principio de lealdade institucional que debe presidir as relacións entre a Administración Xeral do Estado e a Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Rexistro Iniciativa: https://www.parlamentodegalicia.es/Rexistros/Sy1g-JWjFJSLsL9ErnJbNxxqzo97WkwQl3bbeNGMweA=

 

3. E que, no caso de que sexa aprobada esta norma sen a supresión do citado artigo, empregue todas as ferramentas e recursos xurídicos ao seu alcance para defender a autonomía financeira, as competencias da Comunidade Autónoma e a defensa dos intereses dos galegos e das galegas”.

Noticias recomendadas

O PPdeG animará aos concellos a sumarse ao Pacto pola lingua e así “construír un acordo social para trazar o mellor futuro para o galego”
O Partido Popular de Galicia presentará a través dos seus grupos municipais unha moción para que os concellos se animen a formar parte do Pacto pola lingua e que así
O PPdeG elixe o lema ‘Non é cousa de cores’ para conmemorar o Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres
O Partido Popular de Galicia elixe o lema Non é cousa de cores para conmemorar o Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres o próximo 25 de novembro, poñendo o
O Parlamento galego pide reforzar a adaptación e integración educativa e pedagóxica do alumnado estranxeiro
O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a que, apoiándose na experiencia destes
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver más
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Guardar ajustes
Configuración de cookies