Skip to content

O PPdeG usará todos os recursos á súa disposición para que o Goberno non recade metendo man nas herdanzas dos galegos

Tellado di que o proxecto de Lei contra a fraude fiscal é tamén un ataque directo ao Estatuto de Autonomía e ao Dereito Civil de Galicia

 

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que o seu partido utilizará todos os recursos políticos e xurídicos á súa disposición para evitar o novo agravio do Goberno central a Galicia, que quere meter a man no peto dos galegos suprimindo as bonificacións ao Imposto de Sucesións e atacando as herdanzas en vida.

 

Así, insistiu en que o Executivo de Sánchez, mediante o proxecto de Lei de medidas de prevención contra a fraude fiscal, volve ir contra o noso autogoberno, o que non só supón máis presión fiscal para os galegos senón tamén un ataque directo ao Estatuto de Autonomía e ao Dereito Civil de Galicia.

 

“As herdanzas en vida non son un truco de defraudadores, son unha institución tradicional do Dereito galego que se utiliza máis que nunca en momentos de necesidade. Un recurso das familias, especialmente as máis humildes, para axudar aos fillos cando máis o necesitan”, dixo lamentando que o Goberno socialista sexa impermeable á realidade porque a súa única prioridade é recadar.

 

“É o mundo ao revés dos socialistas. Os independentistas presos, xulgados e condenados por un tribunal son inocentes e serán postos en liberdade polo Goberno, pero os cidadáns responsables que pagan os seus impostos son culpables de fraude é serán castigados preventivamente por este mesmo Executivo”, manifestou cualificando a situación como inaudita.

De feito, resaltou que o PPdeG esixe que se paralice inmediatamente esta reforma, engadindo que non é suficiente coa “auto-emenda a medias” que os socialistas presentaron no Senado: “A Lei non se cumpre a medias. Ou se cumpre ou non se cumpre”.

 

OS APLAUSOS E O SILENCIO DA OPOSICIÓN

Ademais, Tellado tamén afeou a resposta dos partidos da oposición, co PSdeG de Gonzalo Caballero que, despois de defender os peores orzamentos para Galicia dos últimos 15 anos, os repartos inxustos, o impago da débeda, os retraso da AP-9 e o bloqueo da Lei de Saúde, agora aplaude este novo atentado contra os intereses de todos os galegos.

 

Igualmente, cuestionou a postura do BNG de Ana Pontón, que esta fin de semana paseou por Galicia co seu “novo asesor áulico e modelo a imitar”, Gabriel Rufián, o mesmo que “pasou de pedir a independencia para Galicia o domingo a chegar o martes a Madrid e votar en contra do noso autogoberno e autonomía fiscal”. “Con este nivel de cinismo e hipocrisía entendemos que se leve tan ben con Pontón”, incidiu.

 

Logo que asegurar que o Bloque é máis sectario que nacionalista, ironizou con que para o BNG “é máis importante sacar a foto co primo de Zumosol do independentismo catalán que esixirlle que respecte a autonomía fiscal de Galicia”. “Este é o BNG de Ana Pontón, que se inspira en Cataluña e se axeonlla ante Madrid. Cortesán de Pedro Sánchez e lacaio de Oriol Junqueras”, apuntou.

 

O secretario xeral fixo fincapé no voto a favor desta reforma por parte de ERC, despois de anunciar o seu voto en contra e tratándose dun asunto que tamén afecta negativamente a Cataluña, e preguntouse se estamos ante un novo trato oculto entre PSOE e ERC. “Vimos de descubrir que os indultos foron o prezo para chegar á Moncloa. Tarde o cedo descubriremos o prezo destes novos apoios que nos van saír moi caros a todos os galegos”, precisou.

 

XESTIONAR A AP-9 DE FORMA EFICIENTE

Durante unha rolda de prensa na que estivo acompañado pola senadora Elena Muñoz e onde puxo en valor o traballo dos populares galegos nas Cortes Xerais, Tellado tamén se referiu ao traspaso da AP-9 a Galicia que, tras 15 prórrogas, avanza grazas ao esforzo dos deputados do PPdeG, que fixeron posible que se volvera poñer en marcha a tramitación fronte ao bloqueo socialista.

 

Ademais, os representantes do PPdeG en Madrid presentaron esta mesma semana unha batería de emendas para que a transferencia se faga con todas as garantías, xa que de pouco serve o traspaso da autoestrada se non vén acompañado dos recursos para poder dar un mellor servizo aos galegos – tanto as partidas orzamentarias para manter as rebaixas das peaxes como os fondos para finalizar as obras comprometidas-.

 

“Non ten sentido aceptar unha competencia se os galegos van a ter que pagar dobremente por ela. Esperamos que se cumpran estas condicións e que moi pronto esteamos xestionando a AP-9 desde Galicia dun xeito mais eficiente e próximo ao territorio”, concluíu.

Noticias recomendadas

Alberto Pazos afirma que a Comisión de Investigación chega ao seu fin demostrando o bo facer dos gobernos do PPdeG
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, manifestou hoxe que a Comisión de Investigación sobre a contratación da Administración galega “está chegando ao seu fin cumprindo os obxectivos que desde
Borja Verea destaca a “imparable” forza do cambio iniciada en Santiago tras a vitoria nas eleccións municipais: “Cada vez somos máis”
O presidente do PP de Santiago, Borja Verea, animou hoxe os seus a seguir traballando con ganas, entusiasmo e ilusión para acadar o obxectivo de gobernar a capital de Galicia
O PPdeG demanda ao Goberno central un plan integral de abordaxe da obesidade dirixido á sociedade en xeral, como o que ten en marcha a Xunta
A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, demandou hoxe no Parlamento de Galicia que “o Goberno central, do mesmo que xa está a facer a Xunta de Galicia,
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver más
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Guardar ajustes
Configuración de cookies