Santiago, 6 de xullo de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta ao Goberno central para que retire, de xeito inmediato, o recurso contencioso-administrativo presentado polo Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico dirixido a derrogar o Plan Xeral de Explotación Marisqueira para o período 2021-2023.
?O Goberno central protagonizou un ataque inxustificado ao compexo mar-industria, as mariscadoras e mariscadores galegos co recurso contencioso dirixido a derogar o plan de explotación marisqueira e é preciso que o @Par_Gal pida ao Goberno que rectifique, defende @temtem23 pic.twitter.com/AD1NKhK7lO
— GrupoPopularGalicia (@GrupoPopularGal) July 6, 2021
Así mesmo, e coa abstención do Grupo Socialista, maniféstase a oposición da Cámara galega ante un novo ataque inxustificado do Goberno de España ao marco competencial vixente, e nomeadamente as competencias exclusivas da Xunta de Galicia, neste caso a través do complexo mar-industria e, moi en particular, do labor das mariscadoras e mariscadores galegos.
DEFENDER OS INTERESES GALEGOS
A través da iniciativa do Grupo Popular, solicítase que o Goberno galego faga público o expediente completo sobre o Plan Xeral de Explotación Marisqueira 2021- 2023, ao tempo que desenvolva as accións precisas para defender ata as últimas instancias os intereses do sector marisqueiro galego. “Estamos a falar dun modelo de xestión dos recursos autónomo, con décadas de historia e baseado na coxestión dos recursos, e que ten demostrado a súa eficacia”, dixo a portavoz popular do Mar, Teresa Egerique.
Por último, o acordo aprobado hoxe pide ao Goberno do Estado a activación da Comisión de Transferencias co obxecto de iniciar o procedemento para o traspaso das competencias pendentes a Galicia, nomeadamente, e tal e como se acordou polo pleno do Parlamento no mes de marzo, a xestión do dominio público marítimo-terrestre e a ordenación do sector pesqueiro e de investigación oceanográfica.