Iniciativa sobre a demanda por parte da Xunta de Galicia ao Goberno de España de censurar diante da Unión Europea o comportamento dos gobernos de Noruega, Islandia e Illas Feroe na asignación de cota de cabala («Scomber scombrus») e a exixencia da adopción de medidas de sanción fronte a Noruega, Islandia e Illas Feroe ante esta decisión unilateral
Noruega autoasignouse 298.299 toneladas de cabala para este ano, o que supón que disporá do 35% do total para as augas do Atlántico Nordeste e que incrementa nun
55% as súas posibilidades de captura.
Este feito foi replicado por Islandia e illas Feroe, que se autoasignaron tamén cota de cabala para a súa pesca polos buques da súas bandeiras, saltando os acordos dos países ribeiregos de NEAFC e as recomendacións de ICES tradicionalmente respectadas.
O feito de que Noruega, Islandia e Feroe se autoasignasen cota de xarda, reflicte un deterioro das relacións pesqueiras coa Unión Europea e supón un ataque á xestión sostible da pesqueira, en todos os seus aspectos (ambiental, social e económico).
A xarda é unha especie compartida por varios Estados do Atlántico nordeste, entre eles Noruega, Islandia, Feroe e os países da Unión Europea, de ahí que estas decisións inflúan aos Estados membros, especialmente a aqueles cunha actividade pesqueira na zona.
Consideramos que a Unión Europea debe actuar de xeito inmediato (como fixo en ocasións precedentes con Feroe e Islandia) con sancións pois esta situación pode servir de precedente en relacións futuras relacionadas con esta e outras especies e iso é sumamente prexudicial.
Por todos estes motivos expostos, o Grupo Parlamentario Popular, presenta a seguinte proposición non de lei en Comisión:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para censurar diante da UE o comportamento dos Gobernos de Noruega, Islandia e Illas Feroe na asignación de cota de cabala, así como para esixirlle que se adopten medidas equivalentes de sanción fronte a Noruega, Islandia e Illas Feroe ante esta decisión unilateral”.
Rexistro: https://www.parlamentodegalicia.es/Expedientes/11/PNC-002024