Iniciativa sobre o desenvolvemento por parte da Xunta de Galicia de ferramentas que axuden e faciliten a formación das persoas ao longo da vida para a utilización de tecnoloxías dixitais
O sistema educativo ten como principio básico propiciar a educación permanente dentro e fóra do sistema educativo, para mellorar as súas capacidades, habilidades, aptitudes,coñecementos e competencias da poboación.
Co obxectivo de promover a aprendizaxe ao longo da vida, as autoridades educativas ofrecen unha serie de ensinanzas e de formación dirixidas a mellorar a formación da sociedade.
O mundo actual no que vivimos está sometido a cambios constantes, un mundo dinámico que requiere dunha adaptación continua e constante ás novas ferramentas que faciliten o proceso de ensinanza-aprendizaxe.
A necesidade de adaptarnos ao mundo actual fai que as persoas necesitan máis formación que posibilite a aprendizaxe ao longo da vida .
Unha formación que require incorporar máis coñecementos tecnolóxicos ao tempo que os contornos dixitais poden axudar a facilitar unha máis ampla e moderna ensinanza.
Polo exposto, o Grupo Parlamentario Popular de Galicia presenta a seguinte proposición non de lei en comisión:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a desenvolver ferramentas que axuden e faciliten a formación das persoas ao longo da vida utilizando contornas dixitais”.
Rexistro : https://www.parlamentodegalicia.es/Expedientes/11/PNC-002290