Skip to content

Rueda sitúa “a unidade e a humildade” como valores clave desta nova etapa

Propón a Paula Prado como secretaria xeral e como vicesecretarios a Pedro Rojo, José Manuel Rey, Raquel Touriño, José Ángel Santos, Marta Fernández-Tapias, Alberto Pazos, Olga Iglesias e Gabriel Alén

 

21, maio, 2022. O candidato á Presidencia do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, asegurou hoxe, no acto de presentación da súa candidatura, que o PPdeG seguirá sendo un partido ganador e incidiu que “unidos lograremos todo o que nos propoñamos”. “Fixémonos grandes porque nunca nos consideramos máis que ninguén, e eses son os valores que debemos conservar nesta nova etapa: a unidade e a humildade”.

 

Alfonso Rueda comezou a súa intervención agradecendo o apoio que recibiu durante os últimos anos, primeiro como secretario xeral do PPdeG, despois como presidente provincial do PP en Pontevedra e, nestas últimas semanas, como candidato á Presidencia do PP de Galicia. Neste sentido, afirmou que seguirá precisando de todos e cada un dos afiliados deste partido, porque dixo que “somos un equipo”.

 

PERSOA DE EQUIPOS

Deste xeito, Rueda manifestou que “son persoa de equipos” e avanzou que, se mañá sae elixido Presidente do PPdeG, “darei sempre a cara por este partido, por Galicia e por todos e cada un de vós, porque cada día me demostrades que paga a pena crer nesta formación”. “Un partido unido, un partido de Goberno, no que poñemos os intereses xerais de Galicia por riba de calquera ideoloxía e onde asumimos como prioridades todo o que é prioritario para os galegos e as familias”, apuntou.

 

Rueda asegurou asume o reto de presidir o PPdeG “con toda a ilusión e coa seguridade que da tervos ao meu carón”. Ademais, lembrou a súa orixe en Pontevedra, pero anotou que “desde agora, e xa para sempre, débome e debereime a toda Galicia e a todos os galegos, sen excepción”.

Durante a intervención presentou a súa candidatura, na que propuxo a Paula Prado como secretaria xeral e como vicesecretarios a Pedro Rojo, José Manuel Rey, Raquel Touriño, José Ángel Santos, Marta Fernández-Tapias, Alberto Pazos, Olga Iglesias e Gabriel Alén.

 

PROGRESO DE GALICIA

O candidato á Presidencia do PPdeG puxo como único obxectivo final o progreso de Galicia e o benestar dos seus veciños e asegurou que “nos presentamos para gañar cunha maioría sólida que nos permita gobernar”.

 

Na súa intervención, fixo unha mención especial aos afiliados e militantes de base, o que se emprega a fondo cada día para convencer aos demais de que o PP é a mellor opción de futuro de Galicia; o que non falta a unha soa xunta local; e o que sinte como propios todos e cada un dos logros dos alcaldes populares e da Xunta de Galicia.

 

Así mesmo, agradeceu a xenerosidade dos tres presidentes provinciais do PPdeG, Diego Calvo, Elena Candia e Manuel Baltar; e aos compañeiros do Goberno galego “por confiar en min”. Tamén se referiu especialmente a Alberto Núñez Feijóo, animando ao partido a traballar intensamente para conseguir que sexa canto antes o Presidente do Goberno de España.

 

LISTA DA CANDIDATURA DE ALFONSO RUEDA

VOGAIS ELECTIVOS DA XUNTA DIRECTIVA

  • Álvarez Núñez, Julio. Alcalde de Quiroga.
  • Calvín Fondevila, Valentín. Presidente PP de Ortigueira.
  • Rodríguez Pérez, Fernando Carlos. Lugo.
  • Castro Ochoa, Dolores. Alcaldesa de Folgoso do Courel.
  • Fernández Moreiras, Manuel Pedro. Alcalde San Cibrao.
  • García Fernández, Roberto. Concelleiro da Coruña.
  • García-Luengo Pérez, Julio César. Alcalde Crecente.
  • Lago Cabo, José María. Alcalde A Gudiña.
  • Lorenzo Alonso, Alejandro . Porriño.
  • Martin González, Telmo. Alcalde Sanxenxo.
  • Negreira Souto, Carlos. A Coruña.
  • Pardo Lombao, José. Alcalde de Outeiro de Rei.
  • Pérez Álvarez, Manuel. Exalcalde de Vigo.
  • Prado López, Manuel. Alcalde de Beariz.
  • Ruiz Rivas, Manuel. Alcalde de Ribeira.
  • Torres Madureira, Ana Patricia. Alcaldesa Boborás.
  • Ulla Rocha, José. Alcalde de Begonte.
  • Valcárcel Gómez, Marta. Alcaldesa de Salvaterra.
  • Vázquez Dorado, Susana. Alcaldesa de Porqueira.
  • Villaverde Pais, Mª Teresa, alcaldesa de Lousame.

VOGAIS ELECTIVOS DO COMITÉ EXECUTIVO

  • Arévalo Gómez, Nidia. Alcaldesa de Mos..
  • Calvelo Martínez, Carlos, Alcalde de Arteixo
  • Crespo Iglesias, José. Alcalde de Lalín.
  • Gallego Neira, Rosa. Portavoz Concello de Coruña.
  • Gómez Rodríguez, María José. Alcaldesa de Guntín.
  • Jiménez Morán, Juan Manuel. Exalcalde de Verín
  • López Campos, José. Alcalde de A Estrada
  • Martínez Carrillo, Carlos. Alcalde de Vedra
  • Martínez Sanjurjo, José Luis. Alcalde de Ordes.
  • Moure Iglesias, Flora. Presidenta local de Ourense.
  • Núñez Masid, Eloína. Xerente do CHUS.
  • Oujo Pouso, Luis . Alcalde de Porto do Son.
  • Pardo Pumar, Pepa. Concelleira de Pontevedra.
  • Prado del Río, Paula . Deputada Autonómica.
  • Prieto Viso, Natalia.
  • Pumar Tesouro, Jorge. Concelleiro Ourense.
  • Ramallo Vázquez, María. Alcaldesa de Marín.
  • Salgueiro Rapa, Demetrio. Alcalde de Xove.
  • Serrano López, Juan. Exalcalde de Portomarín
  • Varela Fernández, Katherinie. Monforte.
  • Vázquez Prado, Javier. Lugo.
  • Villarino Pardo, Ana. Alcaldesa de Oímbra.

 

VOGAIS DO COMITÉ EXECUTIVO DE GALICIA EN RESPRESENTACIÓN DOS GALEGOS NO EXTERIOR

  • López Dobarro, Alejandro. Argentina
  • Taboada Gamallo, Neir. USA
  • Queda pendente de designar o representante de Europa.

VOGAIS POR DESIGNACIÓN DO PRESIDENTE

  1. Álvarez Carrero, Roberto.
  2. Aneiros Barros, Martina.
  3. Arias Fouz, Javier.
  4. Fidalgo Iglesias, Miguel.
  5. Trenor López, Gonzalo.

PRESIDENTES DOS COMITÉS

  • Presidente do Comité Electoral de Galicia. Villares Bermúdez, Alfonso. Alcalde de Cervo.

 

  • Presidenta do Comité de Dereitos e Garantías Murillo Solís, Lupe. Deputada autonómica.

 

VOGAIS NATOS DO COMITÉ

  • Alberto Núñez Feijóo (presidente do Partido Popular).
  • Diego Calvo Pouso (Presidente Provincial Coruña).
  • Elena Candia López (Presidenta Provincial Lugo).
  • José Manuel Baltar Blanco (Presidente Provincial Ourense).
  • Luis López Diéguez. Provincia de Pontevedra.
  • Miguel Ángel Santalices Vieira. (Presidente Parlamento).
  • Adrián Pardo López (Presidente NNXX).
  • Iago Acuña Vieites (Secretario xeral de NNXX).
  • José Manuel Romay (Comité Ejecutivo Nacional).
  • Miguel Tellado (Comité Ejecutivo Nacional).
  • Ana Pastor Julián (Comité Ejecutivo Nacional).
  • Francisco Conde (Comité Ejecutivo Nacional).
  • Evaristo Ben Otero (voceiro Deputación da Coruña).
  • Jorge Cubela López (voceiro Deputación de Pontevedra).
  • Javier Jorge Castiñeira (voceiro Deputación de Lugo).
  • Martín Fernández Prado (presidente local da Coruña).
  • Ramón Carballo Páez (presidente e voceiro Lugo).
  • Flora Moure (presidenta e voceira Ourense).
  • Borja Verea Fraiz (presidente local Santiago).
  • Rafael Domínguez Artime (presidente e voceiro Pontevedra).
  • José Manuel Rey Varela (presidente local Ferrol).
  • Marta Fernández-Tapias Núñez (Presidenta local Vigo).
  • Rosa Gallego Neira (voceira A Coruña).
  • Alejandro Sánchez-Brunete (voceiro Santiago).
  • José Alfonso Marnotes González (voceiro Vigo).

 

COORDINADORES

 

  • Acevedo Prado, Antón. Coordinador de Innovación Sociosanitaria.
  • Ameijide Osorio, Antonio. Coordinador de Territorio e Infraestruturas
  • Amigo Díaz, Encarna. Coordinadora de Sanidade
  • Basanta Fernández, Antonio. Coordinador de Mar
  • Bayón Rolo, Juan Andrés. Coordinador de Novas Afiliacións
  • Benavides Alonso, Daniel. Coordinador de Deportes
  • Caínzos Vázquez, Javier. Coordinador de Protección Civil e Asistencia á Veciñanza
  • Chapela, Daniel. Coordinador de Cultura
  • Del Río Freire, Rubén Coordinador de Acción Exterior
  • Díaz Mouteira, Marisol. Coordinadora de Medio Ambiente
  • Domínguez Alfonso, Miguel. Coordinador de Acción Institucional.
  • Escobar Rivas, Alberto. Coordinador de Política Europea.
  • Fernández Carricoba, Graciela. Coordinadora de Axentes Electorais.
  • Fernández Gil, César. Coordinador de Estudios e Formación.
  • Fernández López, Pablo. Coordinador de Emprego.
  • Gallego Prieto, Juan Antonio. Coordinador de Programas.
  • Galván Rodríguez, Eduardo. Coordinador Novas Tecnoloxías.
  • González Vázquez, Marta. Coordinadora Interparlamentaria.
  • González Abeijón, Fernando. Coordinador de Discapacidade.
  • Martínez Cagiao, Noelia. Coordinadora de Turismo.
  • Meijide Gómez, Higinio. Coordinador de Análise Política.
  • Meneses Álvarez, Lara. Coordinadora de Xuventude
  • Mouzo Mas, Paula. Coordinadora de Movementos Sociais
  • Nóvoa Iglesias, Marta. Coordinadora de Industria e Empresa.
  • Pan Varea, Jorge. Coordinador de Comunicación.
  • Pérez Castellanos, Mª Sagrario. Coordinadora de Crecemento Sustentable.
  • Pérez López, Noelia. Coordinadora de Mobilización Electoral.
  • Rodeiro Tato, Ovidio. Coordinador de Educación.
  • Souto Rozados, Avelino. Coordinador de Medio Rural.

 

PORTAVOZ PARLAMENTARIO

  • Pedro Puy Fraga.

 

VICESECRETARÍAS

  • Vicesecretaría de Organización. Pedro Rojo Otero.

 

  • Vicesecretaría de Boa Administración e Política Local e presidente do Comité de Cidades. José Manuel Rey Varela.

 

  • Vicesecretaría de Igualdade. Raquel Touriño Casal.

 

  • Vicesecretaría de Concellos Rurais. José Ángel Santos.
  • Vicesecretaría de Acción Electoral. Gabriel Alén Castro.

 

  • Vicesecretaría de Alberto Pazos Couñago

 

  • Vicesecretaria de Acción Sectorial. Olga Iglesias Fontal.

 

  • Vicesecretaría de Participación. Marta Fernández-Tapias Núñez.

 

SECRETARIA GENERAL

  • Paula Prado del Río.

 

PRESIDENTES DE HONRA

  • José Manuel Romay Beccaría e presidente do Consello Consultivo do PPdeG.
  • Mariano Rajoy Brey.

 

PRESIDENTE

  • Alfonso Rueda Valenzuela.

Noticias recomendadas

O presidente Alfonso Rueda emprega as súas dotes de ‘director’ para deixar claro que “Galicia soa moi ben”
O Partido Popular de Galicia estrea hoxe o seu vídeo de Nadal, no que o presidente Alfonso Rueda emprega as súas dotes de ‘director’ para deixar claro que “Galicia soa
Alberto Pazos afirma que a Comisión de Investigación chega ao seu fin demostrando o bo facer dos gobernos do PPdeG
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, manifestou hoxe que a Comisión de Investigación sobre a contratación da Administración galega “está chegando ao seu fin cumprindo os obxectivos que desde
Borja Verea destaca a “imparable” forza do cambio iniciada en Santiago tras a vitoria nas eleccións municipais: “Cada vez somos máis”
O presidente do PP de Santiago, Borja Verea, animou hoxe os seus a seguir traballando con ganas, entusiasmo e ilusión para acadar o obxectivo de gobernar a capital de Galicia
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver más
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Guardar ajustes
Configuración de cookies