Hoxe, nunha entrevista no Galicia por Diante da Radio Galega
- A secretaria xeral salienta a experiencia de Alfonso Rueda tras 13 anos á fronte das emerxencias como vicepresidente, e lembra que Galicia é o territorio que máis inviste para a extinción e para a prevención de incendios.
- Destaca que somos a primeira Comunidade en aprobar axudas directas ás persoas que perderon a súa vivenda ou empresa nos lumes: “Galicia está dando un exemplo de como se ten que actuar e agardamos que as outras administracións fagan o mesmo”.
- Lamenta a política de desgaste constante ao Goberno galego empregada polo BNG, que utiliza os incendios para “gañar un puñado de votos” malia que é un asunto “no que debíamos estar todos unidos e deberíamos afastalo do debate político”.
- “Despois de catro lexislaturas seguidas en que os galegos seguen confiando no PP e sempre deixan ao BNG na oposición, está claro a quen prefiren para xestionar os seus servizos e os seus problemas”, asegura.
- Sobre o déficit de médicos, reclama ao Goberno central que facilite máis prazas MIR e a creación da especialidade de Medicina de Urxencias, unha petición compartida con outras Comunidades independentemente da cor política: “Por desgraza, en toda España están sufrindo esta situación na Atención Primaria”.
- Critica que o Goberno manteña o seu silencio sobre as causas do colapso do viaduto da A-6 e esixe unha partida orzamentaria nas Contas Xerais de 2023 para esa infraestrutura “fundamental para Galicia”, pois teme que a solución provisional que propón o Executivo de Sánchez se converta en definitiva.
- Pon en valor a “seriedade, a rigorosidade, o compromiso e a dedicación” de Alfonso Rueda, que demostrou que foi capaz de dirixir unha transición “suave, moderada e ordenada”.
- Sinala que as cidades galegas están paralizadas e destaca o proxecto ilusionante dos populares fronte aos gobernos “esmorecidos” das sete urbes: “Creo que a noite do 28 de maio vai ser moi alegre para moitos galegos e galegas que van ver como a alternativa do PP goberna a súa cidade”.
- Afirma que o partido non renunciará a ningún dos seus obxectivos nos 313 concellos de cara ás eleccións municipais: “Temos un proxecto común e o PPdeG está demostrando no Goberno galego como se poden facer as cousas ben e como se xestiona ben unha administración”.