Skip to content

Os deputados galegos defenden as prioridades da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

Os deputados galegos Ana Pastor, Celso Delgado e Juan Constenla participaron no X Foro Parlamentario Hispano-Portugués, celebrado na cidade lusa de Braga, para defender as prioridades da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal no contexto das relacións bilaterais.

 

Os parlamentarios, que formaban parte dunha delegación de deputados do Congreso de España e da Asemblea da República de Portugal, destacaron a importancia dos fondos europeos, especialmente os Next Generation, que constitúen “unha oportunidade única” para impulsar as infraestruturas de comunicación de Galicia e o Norte de Portugal. Igualmente, tamén se referiron á aprobación do Interreg España-Portugal (POCTEP 2021-2027), que é o principal programa de cooperación transfronteiriza da Unión Europea e que “debe ter un notable impacto na nosa Eurorrexión”.

 

En materia de infraestruturas ferroviarias, cualificaron a conexión en alta velocidade entre Vigo, Porto e Lisboa como “unha actuación prioritaria” e reclamaron un compromiso explícito do Goberno de España para o desenvolvemento da liña do AVE no tramo entre Vigo e a fronteira portuguesa, incluíndo a “tan necesaria” obra da Saída Sur de Vigo.

 

Ademais, pediron garantir que o actual tren Celta Porto-Vigo opere “en boas condicións de rendemento e frecuencias”, e resaltaron a necesidade de avanzar no desenvolvemento das obras de modernización e electrificación vinculado á fronteira e na parte española do tramo Tui-Guillarei.

 

En canto ás infraestruturas viarias, solicitaron “apoio e impulso” á conexión transfronteiriza internacional por estrada entre o Noroeste portugués e Galicia —concretamente por Macedo de Cavaleiros, pasando por Vinhais ata chegar á Gudiña— para potenciar a estación de alta velocidade Porta de Galicia, o acondicionamento e mellora da estrada OU-540 entre Celanova e a fronteira portuguesa, e a ampliación da plataforma para a construción dunha ciclovía da Ponte Internacional na Eurocidade de Salvaterra-Monção.

 

Os deputados galegos tamén insistiron en “divulgar as manifestacións culturais e creativas como matriz dunha identidade común e de promoción turística da Eurorrexión”, salientando a promoción turística do Xacobeo e, en particular, do Camiño Portugués, “que a día de hoxe é o segundo máis transitado, o que está a experimentar un maior incremento no número de peregrinos e polo que se tramita a súa inclusión na lista de Patrimonio Inmaterial da Humanidade da UNESCO”.

 

Por outra banda, puxeron en valor a importancia de impulsar a elaboración do Estatuto do Traballador Transfronteirizo entre España e Portugal, fixado como «medida prioritaria» no último Cume en Trujillo no 2021, e enmarcada na Estratexia Común de Desenvolvemento Transfronteirizo: “Trátase dun proxecto que non pode ser reducido a unha guía práctica informativa e que ten como finalidade principal mellorar as condicións de traballo e a mobilidade dos traballadores transfronteirizos para aumentar as súas oportunidades de acceso a postos de calidade e dar cobertura ás ofertas das empresas da Eurorrexión”. 

 

Así mesmo, precisaron que hai que reforzar a cooperación de proximidade —especialmente nas zonas con maior densidade poboacional como é o caso da conca do Miño— apoiando os servizos colectivos de proximidade, compartindo recursos e favorecendo a utilización conxunta de equipamentos —áreas de educación, saúde, servizos sociais, protección civil, cultura ou deporte—, evitando duplicidades innecesarias e eliminando os custos de contexto transfronteirizo, “que lastran de forma moi negativa a economía da Eurorrexión”.

 

Finalmente, expresaron no Foro o rexeitamento á decisión da Comisión Europea de vetar a pesca de fondo en 87 áreas do Atlántico, que xera enormes problemas á frota española, singularmente á galega e á portuguesa.

Noticias recomendadas

O PPdeG considera que o novo pronunciamento de Europa sobre Altri deixa en evidencia ao BNG e á esquerda: “Seis veces preguntaron e seis veces dixéronlles que non hai incumprimento”
Os eurodeputados do Partido Popular de Galicia, Francisco Millán Mon e Adrián Vázquez, celebran o novo pronunciamento da Comisión Europea sobre o a futura biofábrica de fibras téxtiles de Altri
O PPdeG defende que combater a violencia de xénero “non é cousa de cores” e fai un chamamento á acción colectiva para protexer as vítimas
O Partido Popular de Galicia defendeu hoxe que a violencia de xénero “non é cousa de cores” e por iso fixo un chamamento á acción colectiva para rexeitar “con contundencia
O Grupo Popular salienta que Galicia xa abonou o 82% das axudas solicitadas para o fomento do autoconsumo enerxético de Galicia
O deputado do Grupo Popular Miguel Fidalgo salientou hoxe no Parlamento de Galicia que a Xunta xa abonou o 82 por cento das axudas solicitadas para o fomento do autoconsumo
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver más
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Guardar ajustes
Configuración de cookies