24 de marzo de 2023. A deputada do Grupo Popular Teresa Egerique lamentou que os socialistas “deixaran pasar hoxe a oportunidade para que desde o Parlamento galego se pedira á Xunta que elaborara unha análise sobre a demanda para cursar ensinanzas profesionais de danza en Galicia, a fin de valorar a necesidade de apertura dun novo Conservatorio Profesional de Danza en Santiago de Compostela”.
Teresa Egerique lembrou que na actualidade existen en Galicia dous conservatorios de danza de titularidade pública: un en A Coruña, de titularidade da Deputación Provincial; e outro en Lugo, xestionado pola Consellería de Educación. Ademais, existen 5 centros autorizados de danza de titularidade privada e 12 escolas de danza (2 de titularidade pública, xestionadas polos concellos de Ponteceso e Oleiros; e 10 privadas).
“Consideramos oportuno que desde a Consellería se leve adiante un estudo para coñecer a demanda real existente en Santiago antes de acometer unha obra que suporá un importante investimento”, apuntou a deputada popular.