Skip to content

Alfonso Rueda amósase convencido de que Feijóo será unha “baza fundamental” no desenvolvemento do “turismo con sentidiño” que caracteriza a Galicia

 

O presidente do PPdeG puxo en valor hoxe, en declaracións aos medios despois de realizar a pé un tramo do Camiño de Santiago en Fisterra, a enorme sorte de Galicia ao ser “o final de todos os camiños” e prognosticou un ano turístico “espectacular” aínda mellor que o anterior: “Así queremos seguir, apostando polo turismo con sentidiño”.

Marta González: “Aspiramos a que as demandas lexítimas dos galegos sexan por fin atendidas e que España poida ter un goberno serio como corresponde ao noso país”

“Estou seguro de que o futuro presidente do Goberno vai ser unha baza fundamental para seguir no noso desenvolvemento turístico. Porque coñece ben a súa terra e sobre todo as súas posibilidades”, engadiu

Alfonso Rueda aspira a contar, a partir do 23 de xullo, cun Goberno de España colaborador, que atenda todo o que necesita Galicia e que resolva as cuestións que aínda seguen pendentes despois destes últimos cinco anos

Afeou a Pedro Sánchez que estivera moi poucas veces en Galicia e que “non queira vir nin en campaña”, pero lle pediu que, se vén, “responda cales son as razóns polas que os compromisos que Galicia necesitaba non foron atendidos nestes cinco anos e o por que do especial interese en negar aos galegos calquera cousa neste último ano con Feijóo como candidato á presidencia”

MARTA GONZÁLEZ: “FACEMOS CAMIÑO PARA LEVAR A UN GALEGO Á MONCLOA”

Pola súa banda, a número 2 ao Congreso pola Coruña apuntou que o Camiño de Santiago é a “a mellor metáfora” desta campaña electoral: “Imos pasando de xornada a xornada facendo camiño cara a vitoria que levará á presidencia do Goberno a un galego”

“Aspiramos a que as demandas lexítimas dos galegos sexan por fin atendidas e que España poida ter un goberno serio como corresponde ao noso país. E iso só é posible obtendo unha maioría suficiente para poder gobernar e aplicar o noso programa”, engadiu

Un programa que definiu de “coherente e sensato”, centrado en “recuperar a institucionalidade para deixar de utilizar os organismos públicos de xeito partidista e sectario” e que ofrece un potente paquete de medidas económicas para estes tempos de dificultade

Marta González amosou tamén a súa preocupación pola cuestión do voto por correo: “Agardamos que, nestes días que quedan para que as papeletas cheguen ás casas, efectivamente cheguen e non teñamos que lamentar que un número importante de españois non poidan votar por culpa dunha decisión que soamente beneficia a Pedro Sánchez”

Nesta liña explicou que “Pedro Sánchez podería ter elixido calquera outra data para convocar as eleccións” e que esta data é “problemática” para un importante número de españois: “Agardamos que o Goberno teña dado todos os pasos para que todos os cidadáns poidan votar con liberdade e con comodidade”

Noticias recomendadas

O Parlamento de Galicia pide ao Goberno central que cumpra o compromiso de financiar o Centro de orientación ao emprendemento de Galicia
O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, que non contou co apoio do BNG, a través da que se demanda a posta en
Un cento de representantes do PPdeG reivindicarán na Intermunicipal do Partido Popular que “Galicia é un exemplo de estabilidade, xestión e sentidiño”
O PPdeG terá un papel protagonista na Intermunicipal do Partido Popular que celebrará este fin de semana en Valladolid, á que asistirán un cento de representantes galegos co obxectivo de
O Grupo Popular pide manter o clima de diálogo para consensuar propostas que axuden á promoción e uso do galego na sociedade actual
O portavoz de Lingua do Grupo Popular, José Luís Ferro, instou hoxe aos grupos da oposición a “manter un clima de diálogo, de acordo e de encontro” para consensuar propostas
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver más
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Guardar ajustes
Configuración de cookies