Skip to content

Miguel Tellado reivindica en Ourense a experiencia de Feijóo na Xunta e marca o obxectivo de lograr tres deputados e tres senadores populares na provincia

O secretario xeral do Partido Popular e cabeza de lista ao Congreso pola Coruña, Miguel Tellado, reivindicou hoxe en Ourense os trece anos de Alberto Núñez Feijóo á fronte da Xunta como “o mellor aval” da súa candidatura á Presidencia do Goberno. Nunha comparecencia ante os medios xunto á cabeza de lista ao Congreso por Ourense, Ana Belén Vázquez, Tellado fixou o obxectivo do PP na provincia para o 29 de novembro en conseguir tres deputados e tres senadores.

“Ourense é unha provincia especial nestas eleccións porque é a terra do próximo presidente do Goberno e porque nunca lle fallou a Alberto Núñez Feijóo”, afirmou Tellado. O secretario xeral lembrou que o PP superou o 50 % dos votos na provincia nas eleccións xerais de 2023 e chamou a traballar para repetir aquel apoio. “A prudencia aconsella pelexar cada voto e cada escano”, sinalou, antes de advertir de que “non hai que dar nada por gañado”.

Tellado destacou as catro maiorías absolutas consecutivas de Feijóo en Galicia e atribuíu ese respaldo á súa capacidade para “xerar confianza e gobernar para todos”. Na súa intervención, tamén cuestionou o papel do BNG como socio parlamentario de Pedro Sánchez e sostivo que, “cando Sánchez castigaba a Galicia premiando a outras comunidades, o BNG miraba para outro lado”.

Vázquez reclama as infraestruturas pendentes da provincia

Ana Belén Vázquez agradeceu a presenza de Tellado en Ourense e subliñou a responsabilidade que asume a candidatura provincial ante o feito de que Feijóo sexa ourensán. “Queremos darlle a Alberto Núñez Feijóo o mellor resultado de España”, afirmou.

A candidata repasou as infraestruturas que considera prioritarias para Ourense e que seguen pendentes, entre elas as autovías cara a Lugo e Ponferrada, a estación intermodal, a finalización da EDAR e a terminal ferroviaria de mercadorías de San Cibrao das Viñas. Vázquez defendeu que Feijóo coñece as necesidades da provincia e lembrou os compromisos que adquiriu con Ourense durante a súa etapa como presidente da Xunta.

Vázquez tamén pediu o cesamento do subdelegado do Goberno en Ourense por considerar que faltou ao deber de neutralidade. A candidata lembrou que o PP presentou o martes unha denuncia ante a Xunta Electoral pola presunta conexión dunha instalación de campaña do PSOE á subministración eléctrica da Subdelegación do Goberno.

Noticias recomendadas

Roberto Rodríguez: “En democracia, as ideas combátense con ideas, argumentos e votos; nunca con pedras”
“En democracia, as ideas combátense con ideas, argumentos e votos; nunca con pedras”, dixo o deputado do Grupo Parlamentario Popular Roberto Rodríguez, durante o debate da iniciativa do PPdeG de
O PPdeG acusa a Sánchez de poñer “en perigo” ás vítimas da violencia machista coas pulseiras antimaltrato e reclama explicacións urxentes
O PPdeG censurou que os fallos no sistema Cometa de seguimento telemático de agresores e, concretamente, das coñecidas como “pulseiras antimaltrato”, poñen “en perigo” a vida das vítimas que levan
Alberto Nadal amosa o apoio do PP ao sector do automóbil de Vigo e da provincia de Pontevedra
O vicesecretario de Economía e Desenvolvemento Sostible do Partido Popular, Alberto Nadal, amosou esta tarde o seu apoio ao sector do automóbil de Vigo e da provincia de Pontevedra nun
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. View more
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Save settings
Configuración de cookies