Skip to content

Alfonso Rueda reivindica aos “sete magníficos” candidatos e candidatas á Alcaldía das cidades galegas en 2027, cun partido “potente, unido e orgulloso” detrás

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindica aos sete “magníficos candidatos e candidatas” á Alcaldía das cidades galegas, nun acto na Cidade da Cultura que converteu a Santiago de Compostela en capital do municipalismo nacional, baixo o lema “Máis cerca”, xa que ademais das apostas galegas, tamén se presentaron os candidatos das 50 capitais de provincia de toda España. Dirixíndose aos líderes das urbes galegas, o presidente autonómico lembroulles aos candidatos que contan detrás cun partido “potente, unido e orgulloso”. Asegurou tamén que os aspirantes populares “están a anos luz de calquera candidato dos demais partidos”.

Así o manifestou o presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, durante a clausura do acto de presentación de candidatos, onde aproveitou para desexarlles “Bo camiño” de cara ás eleccións municipais de 2027, facendo un guiño ao Xacobeo do ano que vén, que volverá a converter á capital galega no gran destino do mundo.

Rueda agradeceu a elección de Santiago de Compostela para este arranque do reto electoral, xa que “aquí demostramos que se pode gobernar, con estabilidade e sentidiño”, cunha “identidade” que define tamén ao Partido Popular. “Temos máis identidade que ninguén, pero tamén estamos orgullosos de formar parte do país ao que pertencemos”, reivindicou Rueda, fronte a existencia do nacionalismo en Galicia. “Temos o peor nacionalismo que hai, o independentista”, engadiu.

AMBICIÓN PARA IR A POR MÁIS GOBERNOS POPULARES

Falando xa do reto electoral, o presidente autonómico puxo sobre a mesa a “ambición” do PPdeG, lembrando que se goberna con maioría absoluta en Galicia e se goberna na maioría de concellos. Sen embargo, subliñou, “aínda que gañamos en case todas, aínda non gobernamos na maioría das grandes cidades”, polo que animou aos equipos populares a “ir a por máis” de cara ao importante reto das municipais de 2027.

Referíndose a cada candidato das cidades galegas, comezou por reivindicar o papel de José Manuel Rey Varela en Ferrol, que “colleu unha cidade que necesitaba volver acender o motor e ilusionarse”.

En Lugo, puxo en valor a “valentía” de Elena Candia por asumir o reto de non esperar a que chegaran as eleccións de 2027 para tomar as rendas da cidade, “facendo que Lugo reviva, cun ano por diante para demostrar o seu liderado”.

A Rafa Domínguez, candidato en Pontevedra, agradeceulle que volva a intentar ser o próximo alcalde da cidade, a pesar de haberse quedado a pouca distancia nas últimas eleccións. “Esta vez si serás alcalde”, aseguroulle.

En Ourense, referiuse ao “difícil reto” de Ana Méndez por decidir que Ourense “ten que saír do surrealismo no que está instalado”, para o que lidera un equipo “con gran impulso, que nos dará unha alegría en 2027”.

Rueda animou a Miguel Lorenzo, da Coruña, a “seguir loitando” pola súa cidade, agradecéndolle tamén que “non se desanimase por quedar a pouca distancia, collendo impulso”, asegurando que será o próximo alcalde.

De Luisa Sánchez, en Vigo, valorou a súa “valentía e determinación” por asumir o reto “nunha cidade onde todo é moito máis complicado politicamente”, pero “non renunciamos a nada” e aseguroulle un “magnífico resultado”.

Por último, a Borja Verea, na capital galega, agradeceulle o seu liderado na oposición, fronte a unha lexislatura do BNG que ten “un goberno en descomposición, con política de dogmas, ideoloxía elevada ao infinito e xestión no subsuelo”.

Por outra banda, o presidente do PPdeG puxo en valor o papel de Alberto Núñez Feijóo para que España “recupere o tempo perdido e o maltrato constante de gobernos socialistas, con vontade de división”. Para iso, reivindicou o PP como un partido “reformista, de xestión e eficacia”, para o que o líder nacional dos populares conta con candidatos dispostos “a gañar todas as batallas”.

BORJA VEREA: “ESTAMOS PREPARADOS PARA UNHA NOVA ETAPA”

O candidato do PP en Santiago de Compostela exerceu de anfitrión do acto, asegurando que a capital de Galicia “está preparada para abrir unha nova etapa, volver a crer en si mesma e mirar ao futuro”. En palabras de Verea, “Santiago pode máis, Santiago quere máis e Santiago merece máis e estará en boas mans”.

O candidato popular sinalou que como santiagués, o reto de acadar a Alcaldía da súa cidade é “o máis ilusionante que existe, pero tamén unha gran responsabilidade”, polo que, dixo, “vou seguir deixándome a pel para axudar a abrir esa nova etapa”. Do mesmo xeito, agradeceu o apoio do presidente autonómico, Alfonso Rueda, e do resto de compañeiros e compañeiras, por apoiar a súa candidatura á Alcaldía da capital de Galicia.

MIGUEL LORENZO: “A CIDADE RECUPERARÁ O SEU LIDERADO”

O candidato do PP de A Coruña, Miguel Lorenzo, augurou que en dez meses será o alcalde “que fará que A Coruña recupere o seu liderado”, reto para o que conta “cun gran equipo, coa enerxía, a forza e a ilusión para conseguilo”.

Lorenzo destacou que o seu proxecto “unirá a todos os coruñeses arredor do obxectivo común de volver a ser unha cidade referente, con outra forma de gobernar, escoitando aos veciños e cumprindo a palabra dada”. Como futuro alcalde, o popular coruñés asegurou que terá a honra de recibir en A Coruña ao presidente do Goberno de España, Alberto Núñez Feijóo.

JOSÉ MANUEL REY VARELA: “SEGUIREMOS GOBERNANDO CON FEITOS”

José Manuel Rey Varela lembrou que hai catro anos decidiu presentarse para volver ser alcalde de todos os ferroláns e superar anos de leas e inestabilidade cun proxecto que unise a todos. Para gañar o presente e o futuro e para facer realidade un soño de mocidade: “Que Ferrol fose máis grande e que os nosos fillos non tivesen que abandonar Ferrol en busca de oportunidades. Que perder non fose o normal.”

“Hoxe podemos dicir con orgullo que ese cambio está en marcha: Ferrol crece en poboación, crece en emprego, crece en investimento e, sobre todo, crece en orgullo de cidade. Hoxe máis que nunca podemos dicir máis forte “Opa Ferrol!”, exclamou. Así mesmo, anunciou que se presenta cun compromiso moi claro: “seguir escoitando aos veciños, seguir traballando sen descanso e seguir gobernando con feitos.”

ELENA CANDIA: “ENTENDO A POLÍTICA COMO SERVIZO PÚBLICO”

Elena Candia ratificou o seu compromiso de cara a traballar con “determinación” para seguir sendo a alcaldesa de Lugo no ano 2027 asegurando que  entende a política como servizo público «para servir e non para servirse» e “para seguir mellorando a cidade de Lugo, traballando para os lucenses, pensando nas persoas, nos nosos maiores, nas nosas parroquias, nas persoas que teñen necesidades e nos nenos e nenas con necesidades educativas especiais «.

Candia asegurou que ese obxectivo non o poderá acadar soa, polo que quixo agradecer o apoio dos seus compañeiros, do Grupo de Goberno, dos trece concelleiros que forman parte da Corporación, dos afiliados do Partido Popular de Lugo, e de todos os que a precederon, así como da Presidencia local do partido.  Tamén trasladou o seu agradecemento ao Goberno da Xunta, ao seu presidente e aos conselleiros «porque nos están axudando», así como a Alberto Núñez Feijóo.

ANA MÉNDEZ: “PRESÉNTOME PARA ABRIR UNHA NOVA ETAPA NA CIDADE”

 Ana Méndez asegurou que non se presenta como candidata só a optar a Alcaldía de Ourense, senón “cunha convicción firme: abrir unha nova etapa para a miña cidade. Porque Ourense merece moito máis”.

Para Méndez, Ourense “merece un goberno que planifique e non improvise, que fale claro e non se esconda, que resolva problemas en lugar de instalarse nas escusas, no ruído e no espectáculo”. Sinalou que a cidade “merece tamén recuperar a ilusión, a ambición e a certeza de que pode volver  ocupar o lugar que lle correspond”, polo que hoxe “empezamos a construír xuntos e xuntas o futuro de Ourense”.

RAFA DOMÍNGUEZ: “PREPARADO PARA FACER UNHA CIDADE MODERNA”

Rafa Domínguez asegurou que afronta este reto convencido de que a cidade necesita un cambio para resolver os problemas que levan anos padecendo os veciños e veciñas. Tras a vitoria electoral de 2023 e a experiencia adquirida na xestión como vicepresidente da Deputación, afirmou estar preparado para liderar un proxecto que faga de Pontevedra unha cidade “moderna, áxil e ambiciosa”.

Entre as súas prioridades, citou a mellora do tráfico e o aparcamento, a limpeza viaria e o mantemento dos espazos públicos, o reforzo da seguridade fronte á crecente preocupación cidadá, o incremento do apoio aos clubs deportivos e a apertura de Pontevedra á ría cun “gran proxecto transformador”. Por último, avanzou o seu plan de recuperar a Alameda, poñer fin ao abandono que sofren os barrios e as parroquias e incrementar o investimento en servizos sociais.

LUISA SÁNCHEZ: “UN VIGO QUE LIDERE E NON SE ILLE”

Luisa Sánchez expresou a súa vontade de liderar unha nova etapa para Vigo. “Son Luisa Sánchez e quero ser alcaldesa de Vigo”, afirmou ao inicio dun discurso no que apelou ao emocional, “porque amo a miña cidade”, pero tamén á razón, “porque queda moito por facer en Vigo”. Sostivo que “queda moito por facer en Vigo” e ofreceu o seu liderado para iniciar un cambio de ciclo que permita á cidade “aproveitar todo o potencial que ten”. Así, apostou por “un Vigo que mire ao futuro sen límites, que lidere e que non se ille”.

Avogou por avanzar da man do resto da provincia, de Galicia e de España a partir de 2027, ano que “representa unha oportunidade histórica para Vigo”, engadiu tras agradecer o papel do seu equipo, así como de militancia e simpatizantes. “Estou preparada. Sei que Vigo tamén o está. Chegou a hora de crer no Vigo por vir», dixo.

GALICIA, EPICENTRO DA POLÍTICA NACIONAL

A Cidade da Cultura, no Monte Gaiás, foi o lugar elixido como epicentro da política nacional, nun acto no que, ademais da intervención dos sete candidatos galegos á Alcaldía das cidades, tamén se incluíu a participación dos candidatos a liderar as capitais de provincia de España. O presidente nacional dos populares, Alberto Núñez Feijóo, foi o encargado da proclamación oficial dos candidatos, os que interviron por orde alfabética despois da tradicional foto de familia.

A presentación dos candidatos, na que tamén interveu o presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, prodúcese un día despois do Comité Electoral Nacional do PP, celebrado na Coruña, no que se aprobaron os nomes dos candidatos das capitais para as eleccións municipais de 2027, tras unha reunión na que participaron o secretario xeral do PP, Miguel Tellado, e o presidente do Comité Electoral Nacional, Diego Calvo.

Actualmente, das 50 capitais de provincia, o PP goberna en 30. E, das 20 capitais de provincia nas que non goberna, renóvanse para as próximas eleccións municipais 11 candidaturas, o que supón o 55% do total. Ademais, 21 das 50 candidaturas están encabezadas por mulleres, o que representa o 42% do total.

Noticias recomendadas

O PPdeG apoia a candidatura de Ana Méndez para a alcaldía da cidade de Ourense en 2027
O PPdeG apoia a candidatura de Ana Méndez Gil para a alcaldía da cidade de Ourense de cara ás eleccións municipais de 2027, poñendo en valor o traballo “discreto e
O PPdeG propón reforzar a protección das persoas consumidoras fronte á discriminación na contratación dixital
O PPdeG defenderá no Parlamento de Galicia unha iniciativa para reforzar a protección dos dereitos das persoas consumidoras e garantir que ningún cidadán teña que renunciar ás vantaxes da contratación
O PPdeG apoia a candidatura de Elena Candia para a alcaldía da cidade de Lugo en 2027
O PPdeG apoia a candidatura de Elena Candia para a alcaldía da cidade de Lugo de cara ás eleccións municipais de 2027, poñendo en valor o traballo e a valentía
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. View more
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Save settings
Configuración de cookies