Skip to content

Juan Casares

Hai uns días tiven a oportunidade de intervir, en nome do grupo popular, na Comisión 3ª do Parlamento de Galicia -economía, facenda e orzamentos-, co gallo de dárlle-la réplica á directora xeral de emprego público e administración de persoal da Xunta de Galicia, quen comparecía para dar conta dos logros do seu departamento. No decurso da sesión, despois de escoita-las intervencións da oposición, decidín expoñer un texto -madurado por anos de observación, lectura e reflexión-, sobre a miña concepción do que é e mais do que non é un bo goberno. Tal concepto resúmese nunha idea moi sinxela: gobernar non é o mesmo que exerce-lo poder, nomeadamente cando ese exercicio se confunde coa ocupación das institucións, coa vontade de controlalas ou coa obsesión por perdurar nelas. Porque, cando isto acontece -téñoo dito en varias ocasións-, o poder deixa de ser un instrumento ó servizo da sociedade e se converte nun fin en si mesmo. E, daquela, todo, absolutamente todo, acaba por se transformar nunha moeda de troco: as propias institucións, os compromisos adquiridos, os recursos públicos e, coma corolario, as expectativas de vida de millóns de persoas. Nese caldo de cultivo, insisto, é onde medran máis facilmente os virus da arbitrariedade, o clientelismo e a corrupción, ó tempo que as institucións deixan de servir ó interese xeral, -a procura do ben común-, en favor dun poder que se alimenta a si mesmo. Velaquí, a realidade actual de España.

Para min, gobernar é outra cousa. En termos xerais, consiste en asumi-la responsabilidade de conducir unha sociedade cara uns obxectivos comúns, ó tempo que se crean as condicións imprescindíbeis para que cada persoa poida desenvolverse libremente, aproveitando as súas oportunidades, en competencia leal e baixo unhas regras normativas e morais claras, xustas e iguais para todos. Consonte a isto, un bo goberno debe reunir, cando menos, catro características: estabilidade, representatividade, eficiencia e realismo. Son condicións sine qua non para gobernar; os ingredientes dunha receita política que se necesitan mutuamente porque se complementan para elabora-lo prato desexado. E se ben poden, nun intre concreto, entrar en conflito, é labor do goberno asegura-lo equilibrio harmónico entre elas. Velaí, a realidade de Galicia.

Por unha banda, unha estabilidade que xera previsibilidade, certeza e confianza, porque unha sociedade non pode progresar cando vive sometida á incerteza, á ocorrencia ou á improvisación, como acontece hoxe en día na Praza Maior de Ourense. En segundo lugar, está a representatividade que proporciona lexitimidade e equilibrio social, e que non significa só obte-la maioría nas urnas; refírese a unha presencia no territorio, en relación permanente coa sociedade, por mor de escoitar ós seus sectores senlleiros e coñece-las súas preocupacións e necesidades.

Por outro lado, falo de eficiencia, que é a tradución práctica da responsabilidade posto que as institucións están para resolver problemas, prestar servizos, aproveita-los recursos dispoñíbeis e conseguir resultados para o conxunto; o chamado interese xeral ou ben común. E, para rematar, saliento o realismo; unha praxe política que esixe coñece-lo territorio, comprende-las súas limitacións e posibilidades, distingui-lo posíbel do desexábel e decidir segundo as circunstancias concretas nas que vive a sociedade. Polo tanto, gobernar significa traballar coa realidade das cousas; isto é, con aquilo que a sociedade é per se; non consiste en aplicar unha fórmula abstracta, concibida na escuridade dun despacho transformado, para a ocasión, na versión moderna da caverna platónica. Unha caverna que, baixo o engado das sombras chinesas que se proxectan na parede do noso vivir cotián, nos presenta como Bálsamo de Fierabrás a un elaborado con base en propostas utópicas, mercadeo cos problemas da xente, tactismos electorais e demasiadas mentiras.

Noticias recomendadas

O PP esixe explicacións no Congreso e no Senado ante as contradicións do subdelegado do Goberno sobre os 22 meses de parálise da obra do nó de bombeiros
O PP de Pontevedra volveu rexistrar unha batería de preguntas, tanto no Congreso como no Senado para esixir ao Goberno de España unha implicación «seria» coa provincia e coa cidade
<span style="font-style: italic;">Lugo, a provincia que Sánchez esqueceu</span>
José Manuel Barreiro
Hai provincias que reciben investimentos e outras, como Lugo, que só reciben silencio. Mentres o Goberno de Pedro Sánchez presume de récords económicos en Madrid
O PPdeG pon en valor o apoio do Goberno galego ao sector marisqueiro cun plan de choque de 23 millóns de euros
O PPdeG pon en valor o apoio do Goberno galego ao sector marisqueiro, cun plan de choque dotado con case 23 millóns de euros para a rexeneración dos areais e
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. View more
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Save settings
Configuración de cookies