O PPdeG reivindica a importancia de levar a cultura por todo o territorio galego e pon en valor o traballo do partido neste eido, a través do intenso labor da Comisión de Cultura do PPdeG ou as iniciativas das agrupacións locais, como é o caso do espazo “CompArte” do PP de Santiago de Compostela, pensado para achegar diferentes ofertas culturais á cidadanía.
Este espazo acolleu hoxe, na sede local, o acto “Un Santiago capital cultural”, na que participaron o portavoz e vicesecretario de Deporte e Cultura do Partido Popular, Borja Sémper, e o presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea. Á cita, ademais de máis de 100 asistentes, tamén acudiu a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado. Durante o coloquio puxéronse sobre a mesa as políticas de cultura que ten ideadas o PP, así como a necesidade de que o Goberno local poña en marcha unha oferta cultural ampla e para todos os públicos na capital galega.
Os populares aproveitaron a xornada para dar, previamente, un paseo pola cidade para que o portavoz nacional coñecera de primeira man as necesidades de Santiago e os problemas reais da veciñanza.