A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, comezou hoxe a súa xira de campaña na provincia na cidade de Vigo para defender o proxecto de Alberto Núñez Feijóo e do Partido Popular como o único que pode realizar e liderar o cambio político necesario en España.
A representante popular trasladou as súas impresión sobre o futuro político de España nun encontro con militantes e simpatizantes, celebrado no Tinglado do Porto, e que contou coa participación da presidenta do PP vigués, Luisa Sánchez, e do cabeza de lista ao Congreso pola provincia, Julio García Comesaña, que agradeceron a visita de Álvarez de Toledo e reclamaron o “voto útil” dos vigueses para contribuir a unha vitoria contundente nas eleccións do 29 de novembro.
O acto tamén contou coa presenza do presidente provincial do PP, Luis López, e as candidatas Irene Garrido, número 4 ao Congreso dos Deputados, e Mónica Domínguez e Montse Otero, que concorren na candidatura do Senado.