O GRUPO POPULAR AFIRMA QUE A RECUPERACIÓN DO SECTOR NAVAL GALEGO SUSTÉNTASE NA INNOVACIÓN E NA DIVERSIFICACIÓN
· “O traballo conxunto das empresas e da Xunta serviu para asentar un cambio de dinámica na actividade do sector e que hoxe haxa actividade nas gradas dos estaleiros e nas empresas auxiliares”, asegurou Dorado
Santiago, 7 de xullo de 2016.- O deputado do Grupo Popular Javier Dorado afirmou hoxe no Parlamento que “a recuperación do sector naval galego susténtase en dous piares fundamentais: a innovación como vantaxe competitiva e a diversificación, que está a potenciar a súa capacidade e o know-how para impulsar proxectos en novos sectores como a eólica offshore ou o mercado de buques de gas natural licuado”.
Dorado subliñou que a Xunta de Galicia “mantén un apoio continuado para o sector no seu conxunto para procurar que os estaleiros galegos se sumen, canto antes, á industria 4.0 e estean na mellor disposición para competir a nivel global, recuperando a actividade e o emprego e asegurando o seu futuro”.
TRABALLO INTENSO
Na súa intervención, o deputado popular lembrou que o actual Goberno galego “ten traballado intensamente na defensa e consolidación dun novo marco de financiamento e fiscalidade para o sector naval, como por exemplo o novo tax lease que xa reportou a nivel nacional 28 operacións por un importe próximo aos 1.000 millóns de euros; ademais de apoiar o labor comercial tanto dos estaleiros públicos como privados”.
“O traballo conxunto das empresas do sector naval e da Xunta serviu para asentar un cambio de dinámica na actividade do sector e que hoxe haxa actividade nas gradas dos estaleiros galegos e nas empresas auxiliares”, asegurou Dorado, quen afirmou que “grazas ao esforzo continuado desde o Goberno galego, en colaboración co Goberno central, podemos afirmar que o naval galego afronta o futuro con mellores expectativas e co horizonte despexado”.
Javier Dorado referiuse ao “aumento progresivo da carga de traballo, que entre o primeiro trimestre de 2015 e o primeiro trimestre deste ano pasou de 9 a 19 buques, que representan o 32 por cento do total de contratos de toda España; unha carga de traballo que aumentou un 50 por cento e supón máis de 2.300 millóns de euros en contratos”.
Neste sentido, o deputado popular felicitouse porque “hoxe mesmo coñecemos que a armadora Armón adxudicouse a construción dun novo buque de investigación costeira.