Skip to content

Alfonso Rueda apela á “unidade” dun PPdeG que “resolve problemas” fronte a outros que “din si a Sánchez” e “non a todo o que beneficia a Galicia”

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, fai un chamamento a “cargar as pilas” de cara aos próximos retos electorais, animando á “unidade” e defendendo que os populares “non miran o calendario, miran á xente e resolven problemas”, mediante o único camiño posible: o do “sentidiño”, a “humildade” e o “traballo”, fronte aos socialistas galegos que “din que si a todo o que di Sánchez, aínda que prexudique a Galicia”, ou aos independentistas galegos do “non a todo”. Neste punto, tamén fixo referencia a outros partidos sen representación no noso territorio, “que seguen sen entender porque aquí non teñen presenza”.

No tradicional acto de inicio de curso político do Partido Popular celebrado hoxe en Cerdedo Cotobade, o líder dos populares galegos subliñou que Galicia “está para resolver, fronte aos que miran para outro lado ou se dedican só a crispar e berrar”. Para Rueda, o PPdeG seguirá traballando na resolución de problemas con “determinación, orgullo, valentía e estando na rúa coa xente”. Así o manifestou no acto ao que asistiron unhas 1.000 persoas e no que estiveron presentes o presidente do PP nacional, Alberto Núñez Feijóo; o presidente honorífico do PPdeG, Mariano Rajoy; o secretario xeral nacioal do PP, Miguel Tellado; a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado; o presidente do PP da provincia de Pontevedra, Luis López; o alcalde de Cerdedo Cotobade, Jorge Cubela, así como outros representantes do partido a nivel autonómico e nacional.

Facendo referencia ás próximas eleccións, destacou que no caso das Xerais, que serán “cando a Sánchez lle interese convocalas”, o PP “estará listo para que se acabe este pesadelo, da man dun Goberno de Alberto Núñez Feijóo”.

No caso das eleccións municipais, animou aos populares a seguir traballando e perfilando equipos con “ilusión” e “forza”, de xeito que o PPdeG consolide gobernos e mellore resultados onde sexa necesario, “sen renunciar a nada”, insistiu.

Diante do presidente nacional do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou así mesmo que o PPdeG é un partido “moi unido” para, chegado o momento, facer presidente de España a quen defenderá que “ninguén nos pise”, asegurando un Goberno central que “non quite a uns para darlle a outros”, que respecte a Galicia e non faga distincións entre as comunidades. “Queremos un Goberno normal, que non discrimine, e que crea no noso rural, no noso mar, na nosa industria e na nosa maneira de estar neste país”, engadiu.

Para Rueda, se os populares continúan na senda actual de traballo e humildade, o ano que vén, na mesma Carballeira de San Xusto, o panorama será o “dun Sánchez en vacacións perpetuas e moitos máis alcaldes e alcaldesas do PPdeG gobernando”.

LEMBRANZA PARA O POBO CEUTÍ

Por outra banda, durante todos os discursos houbo palabras de apoio e recoñecemento ao pobo ceutí. O presidente autonómico trasladou tamén o cariño de Galicia ao presidente de Ceuta, Juan Jesús Vivas, traballando polos seus cidadáns fronte a un Goberno “máis pendente de agresores que de agredidos, que parece que lle dá igual o sufrimento dos seus cidadáns” e que se “escaquea” das súas responsabilidades. Neste punto, reivindicou que os ceutís “son tan españois coma o resto”. Facendo unha comparativa con Galicia, lembrou que “ninguén lle vai dar aos galegos leccións do que é emigrar, con respecto e integridade, sabendo que a un país vaise a traballar”.

CERDEDO COTOBADE, NO ESCAPARATE NACIONAL

Na súa intervención, o presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López, comezou mandando unha mensaxe de apoio a Ceuta pola situación que levan padecendo o último mes e agradeceu a nova elección de Cerdedo Cotobade polas direccións nacional e autonómica para abrir «un novo curso político que non pode ser un máis, xa que ten concluír co triunfo da estabilidade, das maiorías, da unidade e no que a política sirva para resolver problemas e non para crealos».

O responsable provincial salientou que os representantes do PP en todos os concellos estiveron e están «dando a cara en cada aldea, en cada lugar e en cada concello fronte aos que estaban agochados, de vacacións ou detrás dunha pancarta», polo que amosouse convencido de que esta confianza gañada e o feito de estar preparados servirá para «manter a Deputación libre de sectarismo, para que nas municipais haxa un clamor a favor de gobernos útiles, para lograr o imprescindible cambio en España con Alberto Núñez Feijóo e como antesala dunha nova maioría absoluta do presidente Rueda». «En 2023 puxemos a semente e este ano recolleremos os froitos. Alberto, o ano que vén esperámoste como presidente de España», sinalou.

Pola súa banda, o alcalde anfitrión, Jorge Cubela, destacou a importancia deste acto «para poñer no escaparate nacional» a Cerdedo Cotobade e agradeceu a reiterada aposta dos populares polo municipio para abrir cada ano o curso político: «Os españois van outorgarlle a Feijóo a mesma confianza que o PP ten cada ano con Cerdedo Cotobade, polo que xa queda un día menos para que sexas o presidente que España merece e necesita e volva a atención ás necesidades da xente».

Noticias recomendadas

O PPdeG celebra mañá un acto de inicio do curso político coa ilusión de “reivindicar a Galicia e a España” fronte aos radicalismos e os escándalos da esquerda
O PPdeG celebrará mañá en Cerdedo Cotobade o inicio do curso político nun acto marcado “pola ilusión de reivindicar Galicia e España” fronte á “mala política” dos radicalismos do independentismo
Noelia Pérez e Argimiro Marnotes destacan en Ourense o compromiso do Goberno galego coa creación de emprego estable e con máis oportunidades para as mulleres
Os deputados do Grupo Popular no Parlamento de Galicia Noelia Pérez e Argimiro Marnotes visitaron hoxe en Ourense un negocio beneficiario do programa Galicia Emprega, onde puxeron en valor as
O PP lucense esixe a recuperación do tren-hotel nocturno con Barcelona
O PP lucense leva ao Congreso e ao Senado unha nova ofensiva para esixir a recuperación do tren-hotel nocturno que conectaba Galicia con Barcelona con parada en Lugo, Sarria, Monforte
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. View more
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Save settings
Configuración de cookies