
Santiago, 9 de marzo de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a promover o mantemento e ampliación dos programas e axudas destinados á inclusión sociolaboral das mulleres máis vulnerables; consolidar os recursos para mulleres con discapacidade; reforzar a perspectiva de xénero no ámbito medioambiental; apoiar a promoción profesional das mulleres no ámbito cultural e a visibilización da súa produción artística; fomentar as boas prácticas e implicación dos medios de comunicación para promover a igualdade; a concienciación da sociedade en torno á igualdade; así como consolidar e impulsar a igualdade no ámbito deportivo.








