Encarna Amigo confirma que o Servizo de Radioloxía do Hospital da Mariña mantén a actividade ordinaria e a atención continuada

Santiago, 24 de xuño de 2021.- A voceira de Sanidade do Grupo Popular de Galicia confirmou hoxe no Parlamento galego que o Servizo de Radioloxía do Hospital da Mariña mantén a actividade ordinaria e a atención continuada, de tal xeito que os doentes desta comarca nunca tiveron que desprazarse a ningún outro hospital para a realización de probas de diagnose. “A única excepción que se pode dar son as mulleres do plan de cribado do cancro de mama que, despois de facer a mamografía na Mariña e sempre por indicación dos propios sanitarios, precisan unha terceira proba específica e dirixida que debe realizarse especificamente no Hospital de Lugo”, apuntou.

Seguir leyendo

O Parlamento galego pide ao Goberno central que desista de implantar parques eólicos en Galicia fóra das áreas autorizadas e da Rede Natura

Santiago, 23 de xuño de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, sen o apoio do Grupo Socialista, a través da que se solicita ao Goberno central que desista de tramitar a autorización dos proxectos eólicos da súa competencia que supoñan a implantación fóra das áreas definidas polo Plan Sectorial Eólico de Galicia.

Seguir leyendo

O Parlamento galego demanda ao Goberno central que respecte os pactos sucesorios en vida de Galicia e non os considere como fraude

Santiago, 23 de xuño de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, sen o apoio do Grupo Socialista, a través da que se demanda ao Goberno central que respecte a autonomía fiscal e o Dereito Civil de Galicia suprimindo o artigo do proxecto de Lei antifraude que se está a tramitar nas Cortes Xerais que considera como comportamento fraudulento os pactos sucesorios en vida galegos.

Seguir leyendo

O Grupo Popular demanda o mantemento do mesmo número de profesores e pide ao Goberno central que achegue os recursos específicos

Santiago, 23 de xuño de 2021.- O portavoz de Educación do Grupo Popular, Ovidio Rodeiro, avogou hoxe no Pleno do Parlamento galego porque a Xunta manteña para o vindeiro curso escolar, cando menos, o mesmo número de docentes que no actual curso, sempre que se manteñan as mesmas medidas hixiénico-sanitarias para afrontar a pandemia da Covid-19 e o Goberno central faga efectiva a achega de recursos específicos como Fondo Covid educativo para a contratación deste persoal docente.

Seguir leyendo

O Grupo Popular afirma que a reforma da atención primaria redundará na creación de unidades de patoloxías que afectan especialmente ás mulleres

Santiago, 22 de xuño de 2021.- A deputada do Grupo Popular Marta Rodríguez-Vispo afirmou hoxe no Parlamento galego que a reforma da atención primaria “redundará nunha mellor atención sanitaria e na creación de unidades multidisciplinares en patoloxías que afectan fundamentalmente ás mulleres, que suporán unha importante mellora no seu tratamento, tanto en relación ao tempo invertido na atención como no plano asistencial”.

Seguir leyendo

O Grupo Popular insiste na retirada da taxa de reposición para estabilizar 3.000 profesionais na sanidade pública galega

Santiago, 22 de xuño de 2021.- A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, insistiu hoxe no Pleno do Parlamento na demanda ao Goberno de España para que elimine a taxa de reposición na sanidade galega, porque, “no momento en que a elimine definitivamente, o Servizo Galego de Saúde ofertará cerca de 3.000 prazas para a estabilización dos profesionais da sanidade pública galega”.

Seguir leyendo